Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña
Carballo, 26 de xaneiro de 2023. Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruñaco obxectivo de fomentar a creación en galego no Youtube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, celebrará este sábado ás 20.00 horas no Pazo da Cultura de Carballo a gala de entrega dos Premios Youtubeiras 2022. Un total de 22 propostas finalistas aspiran a gañar este concurso nalgunha das súas oito categorías: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público. O certame repartirá 7500 euros en premios entre as persoas gañadoras, que tamén recibirán un diploma acreditativo e unha medalla simbólica deseñada para a ocasión por Nahuel Pérez.
“Para Carballo é unha gran satisfacción celebrar esta gala, xa que os Premios Youtubeiras son unha iniciativa que fomenta o uso da nosa lingua nunha xanela fundamental para comunicarnos, para mirarnos e para mirar o futuro: a creación de contidos na Rede”, sinalou Marcos Trigo, concelleiro de Cultura e Deportes de Carballo, nunha rolda de prensa na que tamén participaron Carme Pereiro, coordinadora do Proxecto Youtubeiras; Cristina Collazo, guionista e presentadora da gala, e Mario Brión (Olaxonmario), gañador do Premio Youtubeira/o en 2021 e membro do xurado.
Trigo tamén puxo en valor “a colaboración institucional entre diversas administracións” na creación, organización e desenvolvemento do proxecto Youtubeiras. Ademais, lembrou unha serie de cifras que retratan esta iniciativa dende a súa posta en marcha. Neste senso destacou, que os vídeos participantes na primeira edición celebrada en 2017 foron 202, mentres que a cifra subiu até superar os 500 en 2020. Nas dúas últimas edicións, as bases do certame prestaron unha maior atención ás canles, de xeito que en 2021 concorreron 38 canles e no 2022, foron 75.
“Fantástica festa”
Carme Pereiro, como coordinadora do proxecto, completou as cifras achegadas polo concelleiro carballés. Á espera dunha análise polo miúdo das cifras de 2022, lembrou que na edición anterior as canles presentadas aglutinaban “600 vídeos, máis de 40.000 subscricións e máis de 2.743.000 visualizacións”. “Son números que dan boa conta do volume que acada a comunidade creadora de contidos da nosa lingua na Rede. Unha comunidade que nos enche de confianza no futuro e tamén de orgullo, de fachenda. E non só polas cifras, senón tamén pola calidade dos contidos e o variado das temáticas tratadas. Por iso, este ano os Premios Youtubeiras tiveron na frase Para Rede, a nosa o seu lema, un lema ben enérxico e ben decidido”, concluíu Pereiro antes de ceder a palabra a Cristina Collazo e lembrar que a música na gala correrá a cargo de LaMontagne e PicoAmperio.
A guionista e presentadora adiantou que o sábado o Pazo da Cultura acollerá unha “gala dinámica e interactiva” na que o público terá un “gran protagonismo”, na que se fomentará a “participación do patio de butacas” e que estará “chea de sorpresas”. “Teremos como presentadora a Rafaela de Carral, que conducirá a gala ao xeito dun concurso televisivo”, sinalou Collazo antes de rematar cunha promesa: a gala será “unha fantástica festa”. De feito, tras rematar a entrega, no Pazo da Cultura continuará a celebración con petiscos, posadoiro de vídeo 360º graos e música en galego a cargo de DJ Misa.
Finalmente, Mario Brión tomou a palabra para dar a perspectiva do xurado, que nesta edición estivo conformado tamén por Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense e coordinadora de Youtubeiras nas primeiras catro edicións; CarmenNieto, dinamizadora e formadora no eido das novas tecnoloxías promotra da canle Teño unha horta en San Sadurniño; Elvira Nercellas, estudante e integrante do Grupo por unha Medicina en Galego, e Alba Rodríguez, administrativa que deu a coñecer o seu cambio de lingua a través de Twitter no ano 2018. Na súa intervención, Mario Brión destacou o amplo traballo que tivo que desenvolver o xurado este ano, a diversidade temática desta edición e o complexo que resultou acordar o palmarés que se desvelará este sábado durante a gala. Finalmente, rematou salientando o traballo das canles participantes, polo seu esforzo e por tecer comunidade na creación dixital en galego.
Relación de finalistas por categorías
1. PREMIO CANLE
Toxío: https://www.youtube.com/@toxio
Tonio Cociña Galega:https://www.youtube.com/@TonioCocinaGalega
Fica Coa Bola: https://www.youtube.com/@ficacoabola
2. PREMIO YOUTUBEIRA
Anxo Sánchez:https://www.youtube.com/@AnxoSanchez
Neeumátiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko
La Bisonte: https://www.youtube.com/@LaBisonte
3. PREMIO VÍDEO
‘A Moura’, da canle Contos de Santalla:
‘Buryyourgays (Enterra aos teus homosexuais)’, de HenfunkStudio
‘Eduardita’, de Piratas sen parche
4.YOUTUBEIRA/O REVELACIÓN
Marcos Borragueros: https://www.youtube.com/@marcosborrageros
HistérikasHistórikas: https://www.youtube.com/@histerikashistorikas8593
Falemos do Reino de Galicia: https://www.youtube.com/@falemosdoreinodegalicia
5. PREMIO CALIDADE LINGÜÍSTICA
Media Laranxa: https://www.youtube.com/@medialaranxa8828
Falemos do Reino de Galicia: https://www.youtube.com/@falemosdoreinodegalicia
Webserie Cóntallo a Cambados:
https://www.youtube.com/@webseriecontalloacambados5419
7.PREMIO PIONEIRO
Noticia dispersas: https://www.youtube.com/@NoticiasDispersas
GallifreyCeive: https://www.youtube.com/@gallifreyceive
Pingado – Laura Veiga: https://www.youtube.com/@pingando_gal
7PREMIO REDES:
Proxecto R.E.D.E.S. https://www.youtube.com/@proxectoredes
A Lobeira Today: https://www.youtube.com/@aLobeiratoday
Exército Mekemeke: https://www.youtube.com/@exercitomekemeke
8.PREMIO DO PÚBLICO
‘Bembibre coas Tanxugueiras’, de Xabi Gómez e Sara:
‘Mitos e ritos do tempo de Defuntos. Conversa con Lidia Mariño’, de Orgullo Galego:
‘Eduardita’, de Piratas sen parche






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



