Di no Quixote que Alonso Quijano loitou contra muíños de vento que se lle asemellaron xigantes. Hoxe os sistemas de xeración eólica son xigantes en máis dun sentido. En tamaño, sobrepasando en altura a lonxitude dun campo de fútbol, moito máis que os antigos muíños do Quixote. Pero tamén son xigantes relativos noutro tipo de tamaños, dende a contaminación acústica xerada ós esnaquizamento do entorno para erixilos e mantelos, e, sobre todo, polas empresas que teñen detrás, entramados societarios dos que a empresa ‘visible ‘que xestiona a concesión do proxecto é unha máis nunha rede moitas veces multinacional, e en calquera caso, dun tamaño financieiro, contactos e influencia moito maior que os Quixote que se podan opoñer ó levantamento do parque eólico correspondente. Esa é a principal razón da aceleración de trámites, cambios de requisitos, imposición de necesidades, etc, das administracións que rexen no sector: o tamaño de influencia.
Fronte a esas organizacións empresariais, a xente que non quere ver perturbada a súa vida por instalacións que, en principio, nin lle van nin lle veñen en beneficios, e mesmo están pensadas para subministro doutras zonas ou industrias non relacionadas -repito, de xeito directo- con ela, e sen ter tida en conta. Como resultado da fraternidade entre empresas -máis grande, máis fraternidade- e administracións, os administrados pasan de ser o motivo dos entes administrativos a ser unha molestia para eles. A molestia medra cando a xente se asocia, e as asociacións xúntanse, e ganan en influencia, converténdose os Quixote tamén nunha especie de Quixote xigante para tentar medirse de ti a ti cos muíños. E así, hai veces que os Quixote rematan desmontados do seu cabalo e con múltiples contusións, pero algunha que outra vez poden cos muíños-xigante, aínda que rara sexa a vez que se libran de ter algún tipo de secuela.
Escribo isto porque hai uns días remato de decatarme dun caso particular, do rexeitamento dun parque de eólicos por ter unhas instalacións agropecuarias ‘eco’ preto deles. A resolución viría dada por primar o benestar animal e a maior protección da produción ecolóxica fronte a todos eses adxectivos bondadosos que se lle colga á produción eólica de xeito indiscriminado. O caso é que é de supoñer que o benestar da xente estará visto ó nivel do benestar animal, e por ecolóxica que sexa considerada a produción da Casa Grande de Xanceda -ese é o lugar, e de aí o título- non creo que boa parte dos minifundios galegos teñan moito que envexar en equilibrio ecolóxico ós produtos da Casa Grande, que por certo, en xeral gústanme.
Pero non creo que debamos tomar o anterior -as causas do rexeitamento do parque eólico- ó pé da letra. É dicir, que as causas esgrimidas, con todo o loables que podan ser, non creo que sexan máis ca utilitarias, no sentido de que o que conta son máis as relacións e influencias nos centros de toma de decisións que os criterios obxectivos. As casas grandes tamén están ben relacionadas…





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



