Santiago de Compostela, 21 de xaneiro 2023 O BNG levará á Cámara unha proposición non de lei para a defensa do exercicio por parte de Galiza de todas as competencias relacionadas co dominio público marítimo e terrestre algo “esencial”, como se recolle na iniciativa rexistrada.
“A actual redacción do Estatuto ampara o exercicio das competencias na ordenación do litoral” defendeu o portavoz de Infraestruturas e Medio Ambiente, Luís Bará, que sinala que a actual versión da Lei do Litoral anunciada polos Populares é “papel mollado” a non ser que se negocie unha transferencia dos medios de xestión do dominio público marítimo e terrestre, unha “peza central” da nova norma, que de momento carece de seguridade xurídica xa que confronta con varias normativas estatais.
Fronte ao “enroque en posicións partidistas” da Xunta e o goberno central, declarou Bará, o BNG presentou unha proposición non de lei de traspaso dos medios humanos e materiais de xestión do dominio público marítimo-terrestre “para poder xestionar dende Galiza as concesións neste ámbito”, anunciou o deputado do Bloque. Así mesmo, o BNG defende a apertura dun prazo de tres meses para que “todas as administracións, entidades sociais e o sectores económicos” poidan participar de forma activa na redacción desta lei.
Un PP máis interesado na confrontación que no exercicio das competencias galegas
Pola súa banda, Rosana Pérez, portavoz de Pesca, sostivo que o exercicio das competencias propias no litoral é “unha necesidade imperiosa” e concorda coa necesidade de “abrir un amplo proceso de debate social e institucional”, mais sinalou as súas dúbidas sobre as verdadeiras intencións da Xunta respecto deste proxecto, xa que “agora lle acorda ao PP todo o contrario do que veu defendendo durante anos”, criticou. Pérez recoñeceu o labor do Observatorio do Litoral da UDC na súa elaboración, pero sostivo que o texto é un punto de partida “con moitas asperezas para limar” e criticou, doutra banda, o emprego que está facer o Goberno do PP coa proposta, cun uso unicamente de “confrontación co Estado”, sinalou.
Unha Xunta, en definitiva, máis interesada en alimentar o enfrontamento institucional que en defender os intereses do mar e a costa galegas e que, advirte a portavoz de Pesca, atópase sumida nunha “campaña iniciada para defender algo tan insustentable como a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra”, con este anteproxecto de lei. Esta, unha iniciativa que comezou no ano 2019, despois da sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga de ENCE, concedida en 2018 de maneira irregular polo goberno central en funcións de Mariano Rajoy.
O BNG demanda nas alegacións rexistradas unha maior concreción nalgunhas propostas, a consideración como estratéxica da actividade pesqueira, a non consideración como estratéxica da “rede de establecementos turísticos do litoral” xa que, criticou Pérez, esta lei prepondera o turísticoe outras actividades por riba dos intereses do sector do mar. Ademais, a formación nacionalista tamén empraza a unha preeminencia da lexislación do patrimonio cultural nas actuacións sobre os bens do patrimonio histórico costeiro.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



