A rede de uso público ofrece múltiples usos como pode ser o de sensorización e posicionamento de persoas, sensorización de niveis dos contedores de lixo, calidade da auga, contadores intelixentes “facendo máis eficientes os servizos públicos”
Cervo, xaneiro de 2023. O Concello de Cervo vén de despregar unha nova rede de conectividade inhalámbrica (LoRaWAN) que nunha primeira fase permitirá facilitar o día a día dos gandeiros pero que ofrece múltiples posibilidades como o seguimento e rastreo de persoas maiores ou nenos/as, para contedores de auga intelixentes, sensorización de niveis de lixo, calidade da auga, sensorización de máquinas ou seguimento de persoas en rutas de sendeirismo, entre outras moitos usos.
O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde Dolores García Caramés, desprazáronse ata o local social de Trasbar, onde se instalou unha das cinco antenas que garantirán a cobertura na totalidade do termo municipal, para coñecer en primeira persoa o funcionamento desta rede pública, que permitirá sumar ata 1000 dispositivos por antena sen problemas de sobrecarga.
Tal e como explicaron, esta iniciativa nace en colaboración co sector gandeiro que fará uso da rede para ter localizados e monitorizados en todo momento aos seus animais, que levarán incorporado un colar que lles ofrecerá todo tipo de información en tempo real. Pero, tal e como se dixo, os usos son moi diversos, “tamén para mellorar a eficiencia dos servizos públicos”.
O despregue desta rede de comunicación inhalámbrica por medio da instalación destas 5 antenas supón un investimento de case 6000 euros.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



