A alcaldesa pide á oposición rigor e seriedade nas súas propostas
Barreiros, 3 de xaneiro de 2023. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, pídelle ao portavoz do Partido Popular “rigorosidade e seriedade na súa labor municipal, agora que está na oposición; xa que non as tivo cando estaba no goberno.” A rexedora realizou estas declaracións tras coñecer un comunicado de prensa no que Gómez Puente pide priorizar o arranxo dunha vía municipal en Cabarcos que está proxectada arranxar desde inicio do 2022.
Ana Ermida explicou que “ese camiño, que leva desde que o actual portavoz da oposición estaba no goberno sen arranxarse, está incluída no proxecto de arranxos viarios do Plan Único do 2022.” A alcaldesa explicou que o proxecto se elaborou en febreiro do 2022 e “licitouse por primeira vez en xuño dese mesmo ano, pero debido ao incremento nos prezos, a licitación quedou deserta e tívose que modificar o proxecto en setembro e volverse a licitar, adxudicándose o 16 de novembro”.
“Se o portavoz da oposición fixese o seu traballo e se molestase en mirar os expedientes e as actas dos órganos colexiados ás que ten acceso, vería que ese viario xa ten proxecto e que se comezará a arranxar á volta do parón de nadal que fan as empresas de construción”.
Polo abandono do PP no seu día, agora hai que facer unha forte inversión no camiño de Matomaior
O edil de obras, Antonio Veiga, manifestou que “ese camiño, unha pista da concentración parcelaria foi unha das prioridades na planificación de arranxo de viais, tal como se falou cos veciños afectados xa no seu día, e foi incluído no Plan Único da Deputación 2022 e vai actuarse nel nas próximas semanas, realizando unha forte inversión, pois dado o estado en que o deixou José Manuel Gómez cando estivo no goberno municipal, agora hai que facer unha intervención de calado con limpeza de cunetas por ambas marxes, con moitos m3 de zahorra e gravillón para rasantear a caixa e asegurar o firme, e regularizar o pavimento e aplicar rego con emulsión asfáltica e árido, tal como figura no proxecto, nunha lonxitude de vial de 270m e con unha anchura de 3m”.
“Unha vez máis o portavoz do Partido Popular na oposición en Barreiros volve a meterse na lama, metaforicamente, pero tamén realmente, pois é o hábitat no que acostuma a desenvolver a súa penosa labor política na oposición. Asombra o descoñecemento que ten da realidade e incluso da xeografía do concello despois de botar 16 anos no goberno municipal como tenente alcalde e concelleiro de medio ambiente. A última ocorrencia de José Manuel Gómez non é outra que ir retratarse a un viario no medio da lama, un viario que estaba desfeito nos dous últimos mandatos do PP sen que dedicaran nin un só céntimo para o seu arranxo nin adoptaran ningunha medida para impedir que se seguira deteriorando”, continuou.
O PP ten que deixar de manipular a realidade
Desde o goberno municipal recoméndanlle ao portavoz da oposición que se documente, que se informe e que solicite no concello os expedientes correspondentes para a súa consulta, e que se non os entende, os técnicos municipais poden aclararlle as dúbidas que teña; así como o goberno municipal e o concelleiro de obras, porque “desde a Alcaldía queremos tamén unha oposición leal e traballadora que coas súas demandas contribúa a mellorar o concello, pero o que non queremos nin queren as e os barreirenses é un portavoz da oposición que recurra á manipulación” manifestou a alcaldesa Ana Ermida.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



