Mentres a xestión do goberno provincial naufraga nas fochancas das estradas, os populares intentan unha vez máis buscar puntos de acordo para resolver os problemas que sofren os veciños
Lugo, 5 de xaneiro de 2023. A rede de estradas da Deputación é fundamental para a vertebración económica e social da provincia. A neglixente xestión do goberno presidido polo socialista José Tomé dende que tomou posesión ten como consecuencia que gran parte destas vías estean en condicións lamentables, debido á falta de mantemento. As últimas choivas viñeron a agravar os problemas que reiteradamente puxo de manifesto o grupo provincial do PP, que unha e outra vez demandou a elaboración e aplicación dun plan de estradas. Como única resposta aos esforzos populares para intentar a mellora da rede viaria, o presidente Tomé acusounos de practicar unha “política de fochancas”. Agora, mentres a xestión do goberno provincial naufraga nas fochancas das vías provinciais, o PP lanza de novo unha oferta de consenso para estudar a situación real das estradas e decidir as medidas a adoptar canto antes. Noutro caso, segundo o portavoz popular, Javier Castiñeira, “este inverno vai ser moi complexo para os veciños da provincia de Lugo”.
O goberno provincial deixou claro en repetidas ocasións que non sabe se a Deputación ten ou non ten un delegado específico para vías e obras, pero, en todo caso, o responsable directo é José Tomé. Javier Castiñeira sinala: “Á falta de liderado nunha área tan importante da Deputación únese a falta de incremento nos orzamentos para mantemento; coa suba de prezos, a capacidade de mantemento da rede viaria provincial queda seriamente mermada. Por outro lado, o goberno non quixo deseñar e aplicar o plan de estradas que solicitou o PP durante toda a lexislatura”.
Os populares din que a gravidade da situación queda clara só con ver canta xente se queixa en diferentes poboacións lucenses. Temen que “isto aínda está empezando”, debido a que a auga e as xeadas van agravar os problemas. Castiñeira está convencido de que “se non hai un plan de intervención para facer un mantemento moito máis amplo do que se está a facer vai ser un inverno moi difícil en materia de estradas”. De novo, di o portavoz popular, “o PP propón que nos sentemos xuntos todos os grupos provinciais para analizar cal é a situación real da rede viaria e que podemos facer nas próximas semanas para mellorala”.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



