Ribadeo, 9 de xaneiro de 2023. Rematou o RibaXogo, o centro de ocio instalada no parque de San Francisco, e polo que pasaron arredor de 3.000 nenas e nenos este Nadal.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, amosouse satisfeito pola acollida do RibaXogo: “estamos contentos coas cifras que nos deixa esta segunda edición do RibaXogo, que fixo as delicias das máis pequenas e dos máis pequenos da casa desde o pasado 23 de decembro e ata a xornada de onte, na que a entrada foi libre”.
O edil ribadense sinalou que “contamos no RibaXogo con diferentes tipos de atraccións, que se foron cambiando e actualizando durante estes días, para manter o interese por acudir a este centro de ocio situado no parque de San Francisco. Para conseguir as entradas simplemente había que consumir nos negocios de Ribadeo adheridos a esta campaña por un importe superior aos cinco euros”.
Vizoso Galdo indicou que “o obxectivo desta medida era dinamizar as compras nos negocios locais durante o Nadal e ofertar unha alternativa de ocio durante as vacacións para a rapazada de Ribadeo e da contorna. E penso que ambos obxectivos se cumpriron. O RibaXogo sumouse á programación deseñada polas Concellarías de Mocidade e de Cultura e da que gozaron moitas nenas e nenos estes días. Houbo deporte, houbo teatro, houbo obradoiros… un pouquiño de todo e moi variado”.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, dixo que “o RibaXogo foi un reclamo importante este Nadal en Ribadeo. Daba gusto pasear polas rúas e velas ateigadas de xente facendo as súas compras nos comercios locais e consumindo nos establecementos hostaleiros. Houbo animación musical coas panxoliñas que soaron durante todos estes días e que contribuíron, ao igual que a iluminación ornamental, a crear unha auténtica e típica estampa destas datas na nosa vila”.
Concello e Acisa coorganizaron a programación deste Nadal que acaba de rematar. “Aínda queda a XII Festa do Comercio, que terá lugar o vindeiro sábado, 14 de xaneiro, na carpa do parque de San Francisco”, engadiron.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



