Esta actividade foi o peche do primeiro cuadrimestre do curso. Durante a excursión visitouse casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, onde as alumnas puideron coñecer con detalle a vida e obra dunha das figuras fundamentais para a lingua e a cultura galegas. Tamén visitaron o Museo do Pobo Galego, un museo de carácter antropolóxico situado no edificio do antigo convento de San Domingos de Bonaval. No museo as alumnas puideron percorrer as distintas salas dedicadas ao mar, ao campo,aos oficios, aos lugares e obxectos cotiáns que marcaron a forma de ser e de vivir da sociedade galega actual. Para finalizar a viaxe, accederon ao Panteón de Ilustres de Galicia onde están enterrados, entre outros, Rosalía e Castelao, e gozaron dun paseo polo Parque de Bonaval.





















O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


