Reparar o estado das pistas forestais e completar o saneamento, as súas principais preocupacións
Viveiro, 15 de febreiro de 2023. A candidata do PP á alcaldía de Viveiro, Mariña Gueimunde, continúa a súa rolda de contactos con asociacións do municipio e visitas ás parroquias de Viveiro para interesarse polas súas necesidades e expor novos proxectos que permitan mellorar a calidade de vida dos veciños. Esta semana, Gueimunde reuniuse coa Asociación de Veciños de Galdo, que lle transmitiu como unha das súas principais preocupacións a mellora e mantemento das pistas forestais. Nesta materia, os veciños apuntan que resultaría moi positivo que o Concello traballe en colaboración coa comunidade de montes para a organización, execución e cofinanciamento de proxectos que permitan conservar e mellorar pistas no rural; é unha fórmula de colaboración que estiman vantaxosa tanto para os comuneiros como para o concello.
Precisamente, o mantemento destes viais é outro dos motivos de preocupación dos veciños pois, en ocasións, a maquinaria empregada para extraer a madeira causa danos neles, facéndose necesario o seu arranxo. Por iso, desde a asociación expoñen que se executen as fianzas esixidas aos madeiristas en previsión de posibles danos nos camiños.
Completar o saneamento
Así mesmo, os veciños de Galdo manifestaron a Mariña Gueimunde a necesidade de completar o saneamento en toda a parroquia pois, a pesar de estar concluídas as obras dunha parte da rede de sumidoiros (na Feira e desde Trábea ata o Pontigo), aínda se atopa inoperativo nalgúns núcleos. Outra das carencias manifestadas ten que ver coa subministración de auga a parte sur e suroeste da parroquia.
No aspecto social, e como medida para fixar poboación (Galdo perdeu case un 30% da súa poboación desde o ano 2000), os veciños propoñen un proxecto de residencia para a terceira idade, que se podería levar a cabo aproveitando edificios xa existentes como a escola fogar ou a casa parroquial.
A asociación tamén lle expresou a Mariña Gueimunde a súa demanda de que se dote de luz ao local social e que se sele o pozo que se atopa no seu patio, dado que podería resultar perigoso.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.


