Para a VII edición deste evento, organizado pola grupo A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo, hai programados Cantos de Taberna, un xantar popular, xogos e animación infantil, un obradoiro de baile; e xa pola noitiña terá lugar o Festival cos concertos de “Pelepau”, “Fransy, Davide e Cibrán” e “Comando Curuxás”
Cervo, 31 de marzo de 2023. San Cibrao acollerá o sábado 1 de abril a VII Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos, que se desenvolverá na carpa instalada na Praza dos Campos.
A cita, que non se celebraba desde o 2019, está organizada por A Rebolaxe coa colaboración económica e de material, do Concello de Cervo.
O rexedor Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e membros da asociación organizadora A Rebolaxe, presentaron o evento que encherá de vida e moita música San Cibrao durante todo o día.
O programa arrinca ás 12:00 horas con Cantos de Taberna polos diferentes locais de hostalería, ás 15:00 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos e animación infantil a cargo de Miudiño, e un obradoiro de baile, ás 19:00 horas.
Como broche de ouro da xornada, ás 20:30 dará comezo o Festival cos concertos de Pelepau, Fransy, Davide e Cibrán e Comando Curuxás.
Os tickets para o xantar popular estarán a disposición das persoas interesadas na Terraza O Noso Lar e en Hansel e Gretel ata o 31 de marzo, a un prezo de 13 euros; e o mesmo día na carpa da Praza dos Campos ata fin de existencias, por 15 euros.
Villares quixo darlle os parabéns á asociación A Rebolaxe por retomar este evento que é toda unha homenaxe á tradición e á cultura galega, “co que desde o Concello, como vimos facendo sempre con todas as asocacións que enchen de vida as nosas vilas, prestamos toda a colaboración posible para que todos poidamos desfrutar desta xornada única na que a música, o baile e a diversión estarán garantidos”.























Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



