Ribadeo, 16 de marzo de 2023. A Concellaría de Igualdade organiza un ano máis unha viaxe para mulleres a un balneario. Será o 16 de abril. O prazo de inscrición ábrese hoxe.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, sinalou que “como xa adoita ser habitual nestas datas, desde a Área de Igualdade preparamos unha viaxe que ten como obxectivo potenciar a sororidade e o autocuidado da muller”.
A edil ribadense explica que “neste caso o destino elixido é o Termaria Talaso da Coruña. A viaxe será o domingo 16 de abril, saíndo ás 14:30 horas da Escola de Música e regresando ao redor das 21:00 horas. As mulleres que queiran participar nesta viaxe terán que sufragar a cota por utilización do Talaso, que ascende a 21 euros e inscribirse previamente. O Concello de Ribadeo custea ou autobús no que se desprazará a expedición. O prazo para inscribirse estará aberto do 16 ao 31 de marzo. As mulleres interesadas poderán anotarse enviando un correo ao CIM, á dirección electrónica: cim@ribadeo.org, ou chamando ao telefono 982 120 739. Temos 50 prazas”.
As instalacións de Termaria Talaso están situadas na Casa del Agua, xusto á beira do estadio municipal de Riazor. En Termaria cáptanse todos os beneficios da auga de mar, que é quentada a unha temperatura similar á do corpo humano. A esta temperatura e debido ao proceso de ósmosis, os sales minerais, lodos, algas e demais elementos da auga están preparados para penetrar na pel e xerar os seus recoñecidos efectos terapéuticos.
Coa entrada ao recinto terase a disposición a gran piscina activa de auga de mar, o completo circuíto termal con gran número de elementos (saunas de distinto tipo, fonte de xeo, zonas de contraste, corredor de choiva, pediluvio, etc); terrazas con xardín e sauna exterior; e sala de descanso con calor infravermella. É preciso que as asistentes leven gorro, toallas e chanclas para as zonas acuáticas.
Mónica Freire subliñou que “organizamos esta viaxe, porque consideramos importante que as mulleres establezamos límites para o noso propio benestar, priorizarnos e reservar un tempo de calidade para o autocuidado”.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.