Ribadeo, 29 de marzo de 2023. Acisa Ribadeo presentou hoxe o novo rueiro, que entregará aos hoteis asociados para que poidan empregalo xa esta Semana Santa. Son 15.000 exemplares. O plano foi presentado esta mañá no porto deportivo.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, explicou que “desde Acisa queremos seguir ofrecendo servizos aos nosos establecementos asociados. De aí que acabamos de editar un novo rueiro para que os hoteis poidan facer uso del xa durante esta Semana Santa e entregalo aos seus clientes. Inclúe un mapa de Ribadeo cos lugares de interese, un pequeno plano de Rinlo tamén, teléfonos como os da oficina de turismo, da Policía Loca, da Garda Civil, dos taxis ou do centro de saúde. Tamén leva o código QR no que poden atopar toda a información dos asociados e asociadas a Acisa Ribadeo e unhas cantas propostas de visitas a realizar tanto pola vila como pola súa contorna”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Jesús Pérez, subliño que “agardamos que lles sexa de utilidade aos hoteis asociados. Sabemos que é unha ferramenta de traballo moi demandada, porque o persoal destes establecementos acaba converténdose en guías turísticos de Ribadeo. Editamos 15.000 exemplares para todo este ano 2023. Agora imos repartir un lote para a Semana Santa e logo volveremos facelo ao inicio do verán. Si algún outro establecemento como restaurantes ou bares precisan exemplares poden dirixirse ás oficinas de Acisa e farémoslles entrega dalgúns exemplares tamén”.
Á presentación desta mañá no porto deportivo asistiron Carmen Cruzado, Jesús Pérez, e Roberto Rivas, do hotel Fogar do Mariñeiro.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



