Ribadeo, 12 de marzo de 2023. Deron comezo as obras na rúa Casa do Pobo, que supoñen un investimento de preto de 100.000 euros. Ata alí se desprazaron os concelleiros de Obras e Economía, Mónica Freire e Pablo Vizoso.
O edil ribadense explicou que “nestes días que deron comezo as obras nesta rúa céntrica, acercámonos ata aquí, ata a rúa Casa do Pobo, para comprobar como se están a desenrolar estes traballos de acondicionamento desta zona norte da nosa vila. Coa execución deste proxecto damos un paso definitivo para arranxar este viario que se atopaba en moi mal estado de conservación e que levaba moitos anos precisando unha mellora”.
Pablo Vizoso contou que “estivemos estes últimos meses cun intenso traballo técnico para elaborar o proxecto de acondicionamento desta rúa, e tamén dialogando coa veciñanza para poder plantexar unha actuación conforme ao plan xeral de ordenación municipal. Este contempla unha rúa de 10 metros de ancho. As veciñas e veciños da Casa do Pobo cederon as superficies necesarias para poder chegar a ese ancho, e por iso, hoxe é posible construír esta rúa moderna, cómoda, que contará con beirarrúas novas e aglomerado en quente. Instalarase tamén unha nova canalización de saneamento, mellorando a de abastecemento de auga, e soterraranse as liñas de enerxía eléctrica e telefonía. Tamén se colocará unha nova sinalización horizontal e vertical, e iluminación led”.
O concelleiro de Economía subliñou que “este proxecto ten un prazo de execución de 4 meses e medio e conta cun orzamento de case 100.000 euros”.




















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



