O próximo domingo, 26 de marzo, ás 12.30 horas terá lugar a segunda convocatoria pola paz nas escaleiras do Concello de Ribadeo. O pasado 26 de febreiro, ao cumprirse un ano da invasión de Ucranía polos exércitos rusos, celebrouse unha concentración no mesmo lugar para rexeitar e denunciar o belicismo a nivel mundial e esixir aos gobernos políticas que nos leven a unha paz estable, xusta e duradeira. Nesta primeira concentración participaron 29 persoas e quedouse en seguir coas concentracións os últimos domingos de mes co mesmo motivo.
Concentración pola paz en Ribadeo
Concentración pola paz en Ribadeo
Relacionado
-
A Agrupación Cultural Francisco Lanza deseñou unha serie de actividades arredor do 17 de Maio, Día das Letras Galegas.
-
Arrinca en Ribadeo o Plan Avanza Rural coa licitación da mellora e ensanche dos camiños de Os Fornos a Pesegueiro en Remourelle
-
César Díaz Colmenares celebrou este xoves o seu 102 aniversario en Carballido, Alfoz