Ribadeo, 1 de marzo de 2023. A principios do ano 2008 nacía en Ribadeo a empresa Faro Norte Comunicación, polo que esta firma que dirixe desde entón a xornalista Carmen Cruzado acaba de cumprir 15 anos.
Nestes 3 lustros en Faro Norte ocupámonos da comunicación e a relación cos medios de concellos, grupos políticos, establecementos e outros negocios, asociacións empresariais e colectivos culturais, deportivos, veciñais, etcétera. Tamén levamos a cabo a coordinación, redacción e distribución de publicacións, como boletíns informativos e folletos, para diversas entidades. Contamos con locutores para a gravación de cuñas radiofónicas, audios de spots para televisión e cine, megafonías, etc. E xestionamos publicidade para os nosos clientes en xornais (en papel e dixitais), radios, televisións e cine.
No verán do 2014 publicamos o libro A praia das Catedrais e as súas contornas, dedicado aos principais atractivos da provincia de Lugo, partindo desde o famoso areal ribadense. Foi escrito por Carmen Cruzado e Beni Mántaras e prologado pola recoñecida xornalista Esther Eiros.
En febreiro de 2015 puxemos en marcha a publicación dixital Faro Ocio Norte (www.faroocionorte.com), que ofrece diariamente información sobre diferentes actividades que se celebran na Mariña, para o que conta con seccións como certames, charlas, cine, cursos, deportes, eventos, exposicións, gastronomía, libros, música e teatro.
Desde 2015 editamos A Gaceta Ribadense, xornal que sae anualmente no mes de xullo con motivo da celebración do Ribadeo Indiano e que lembra aos diarios da época que se recrea neste evento.
No verán de 2016 elaboramos a guía turística en inglés The North of Lugo, unha iniciativa que desenvolvemos conxuntamente coa Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA).
No outono de 2016 organizamos dúas Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, promovidas pola Federación de Comercio A Mariña (FCAM) e que contaron con destacados xornalistas con ampla traxectoria en medios estatais e autonómicos: Pepa Sastre, Luis Fraga, Pedro Pablo G. May, David del Cura, Javier Cancho e José Manuel García, que se desprazaron ata A Mariña para participar nesta iniciativa. Tamén xestionamos a emisión desde esta zona en catro ocasións do programa radiofónico estatal sobre turismo Gente Viajera, dirixido e presentado por Esther Eiros, acompañada de prestixiosos xornalistas especializados en información turística que colaboran en diversas publicacións sobre viaxes nacionais e internacionais, o que supuxo que algúns dos principais atractivos turísticos da Mariña se visen reflectidos en numerosos medios.
Para facer balance Carmen Cruzado explica que nestes máis de 5.000 días en Faro Norte Comunicación “houbo momentos moi bos e outros non tanto, pero o fundamental hoxe é darvos as grazas a todas e a todos os que percorrestes connosco este camiño: os nosos clientes e tamén os compañeiros que traballan nos medios cos que mantemos un contacto permanente. En Faro Norte Comunicación sempre nos poñemos na pel do noso cliente, porque el é o máis importante, e queremos seguir así -paso a paso pola senda dos valores e dos principios que nos inculcaron- outros 15 anos polo menos”.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



