Burela, 17 de marzo de 2023. O Concello de Burela recibiu unha subvención de 30.000 euros que destinará a infraestruturas turísticas, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor explicou que “este ano solicitamos subvención para infraestruturas turísticas porque consideramos que todo o que sexa mellorar Burela tanto no aspecto turístico como no medioambiental, que están moi ligados, é moi positivo para o pobo. E temos concedida unha subvención duns 30.000 euros, que imos destinar á plantación de árbores frondosas e froiteiras, vamos mellorar a área recreativa do Monte Castelo coa colocación de máis mobiliario e imos ordenar máis a zona onde está o telescopio panorámico, preparándoo ben para que sexa atractivo e facer unha plantación floral para que ter unha especie de xardín botánico. Tamén vamos traballar con esta subvención nun tema etnográfico, que nos parece moi importante: na zona de Pomeda, en Vila do Medio, houbo un muíño do que agora só queda o esqueleto e imos colocar uns paneis informativos sobre como funcionaba e como traballaban alí; é unha información moi atractiva para ese lugar onde hai unha ruta de sendeirismo, que é moi empregada e queremos ampliala, tamén a través desta subvención”.
Alfredo Llano pensa que “todo isto atraerá moita xente para facer deporte e tamén para visitar o noso concello como un lugar importante no aspecto etnográfico. Tamén colocaremos varios carteis turísticos para dar información a toda a xente que se achegue tanto á area recreativa como á zona de Pomeda. Imos preparar algo que motive a andar, a gozar da natureza e a contemplar grandes vistas desde o Monte Castelo, onde se pode divisar unha das estampas extraordinarias de Burela”.
O alcalde dixo que “todo isto faise porque a miña intención clara é crear en Burela o que se denomina un ecosistema, que consiste en que a actividade social e a medioambiental estean nun perfecto equilibro. Xa fixemos durante estes últimos anos moitas cousas que teñen que ver con isto, como as hortas urbanas, que teñen moito que ver coa cuestión medioambiental e ao mesmo tempo co aspecto social; a medición da calidade do aire, para o que se instalou unha caseta e temos un convenio con Alcoa e podemos coñecer as medidas constantemente; a humanización de rúas, que xa fixemos varias e está previsto acometer outras; a captura do CO2, que é algo que preocupa agora nos obxectivos 2030 e que estamos acadando coa plantación de árbores frondosas e froiteiras tanto no Monte Castelo como no resto do municipio. Cremos que é moi importante todo isto. Tamén temos en marcha un sistema de control da auga para detectar as posibles perdas, se as houbera: hai varios puntos desde os cales se determina claramente se hai algún tipo de fuga e sabémolo case ao instante”.
Llano engadiu que “todo isto no seu conxunto supón crear unha estrutura e un comportamento medioambiental e social para que Burela sexa un exemplo de ecosistema. E esta subvención vamos aproveitala para agrandar estas posibilidades”.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



