O rexedor, e as edís de Obras e Cultura, mantiveron un encontro con membros da asociación de veciños, demandado por eles, no que abordaron diferentes cuestións de relevancia para a parroquia
Cervo, 20 de marzo de 2023. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Zona Rural, Alfredo Fernández; e as edís de Obras, e Cultura, Mali Méndez e Dolores García Caramés, respectivamente, mantiveron un encontro con varios membros da asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro, a petición deles, no que abordaron diferentes cuestións de relevancia para o desenvolvemento da parroquia.
O encontro tivo lugar no Local Social do burgo, e tamén contou coa presenza dos técnicos, porque un dos temas nos que se fixo maior fincapé foi no de mellorar estas instalacións, en concreto a cuberta e os accesos do local social “para o que xa adquirimos un compromiso con eles e xa estamos a traballar na redacción do proxecto”, precisou o alcalde.
Villares afondou en que esta actuación vai en consonancia coa liña argumental que vimos marcando desde o Goberno municipal, de favorecer o asociacionismo e o dinamismo nos diferentes burgos do Concello mantendo os locais públicos na mellor das condicións como lugares de encontro da veciñanza, para o seu uso e desfrute, e como epicentro das diferentes actividades lúdico, culturais e sociais que promoven ao longo do ano e que enchen de vida os diferentes recunchos do municipio.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



