As municipais están aí. Quen non quixera saber? –
Dúas notas previas:
– Para poder concretar, poñamos que escribo dende Ribadeo, mirando a Ribadeo, pero algo semellante pode ser escrito en calquera punto de Galicia e de España, mirando para o concello correspondente.
– O artigo non pretende ter unha profundidade nin lanzar un programa, só influir en que os programas podan ser máis pensados, máis achegados á xente e tamén máis cribles.
Comecemos. Cal é ‘o Ribadeo que queremos’ de cada partido? Non se trata de dicir ‘que sexa bonito’ ou ‘que se viva ben’, senón de especificar as liñas e condicións que estimas para poder achegarse un pouco máis a ese ‘bonito’ ou ‘bo vivir’, os criterios nos que se basan esas liñas mestras, algo que se poda ver claramente, medir, establecer se se cumpriu ou non, que permita o control da xente e facilite a súa -nosa, de todos- participación. A mira de facelo así é medrar como sociedade ó tempo que se estuda e discute o que lle ven ben ó pobo e como obtelo. Algo que é o contrario de ter un arma arroxadiza ou un instrumento para ganar eleccións.
Así pois, poderán xogar os nenos nas rúas? Hoxe por hoxe as rúas non son para os nenos, hai parques que en outros tempos non había, e parece que con iso chega. É así?
Ven sendo algo tradicional querer deixar obras feitas, e esquecerse do mantemento e bo uso do que xa hai, perdendo tempo e cartos. Que se pretende aproveitar do que hai e como?
Dous temas en parte relacionados: Que se pretende facer para evitar a xentrificación? Hai días unha nova daba nota de que non hai quen alugue para o ano, só para o verán, o ruído está presente en todo o centro (aínda que máis nuns lugares ca noutros), o verán parece que non se fixo para quenes residen en Ribadeo, procúrase un ‘turismo de calidade’ (= de ‘caridade’, máis caro)… e, ó tempo, as parroquias están perdendo poboación. Enténdese o por que pasa? Hai propostas para mellorar a vida nas parroquias? A redistribución vila-campo? Que se prevé para acoller ó turismo sen xentrificar á poboación actual? Que directrices hai para conseguir un turismo enriquecedor da vida da xente, non de determinada xente en prexuízo dos máis? Como afronta a crise da vivenda?
Como vai favorecer o desenvolvemento industrial? Un territorio equilibrado?
Como se vai enfrontar o cambio de mobilidade para ter maior/mellor uso para os peóns, dos trasportes públicos (se os hai…) ou da bicicleta e menor do coche? O tren cada vez é menos tren: 4 servizos diarios dende e cara a costa galega a alguén lle poden parecer abondo, 2 cara a costa asturiana, imposible. En calqueira caso, abondo menos que o servicio de bus. E iso, na rasa costeira. Cara ó interior, que poboación queda a menos de 1 km dun transporte público con dúas viaxes de ida e dúas de volta ó día? Toda. E vai facerse algo?
Algunha proposta para rematar o mandato cunha Torre dos Moreno rematada e con algún resquicio de patrimonio de todos?
Ou decrecemento ou crise… Como afronta o decrecemento cada partido?
A estrutura en concellos non está pensada para enfrontarse directamente a temas como a guerra ou a xubilación e as pensións. Pero si axudaría saber ideas concretas dos diversos equipos en confrontación sobre estos temas. Máis que nada para que as concentracións diante da casa do concello saiban que esperar de dentro do edificio. E o impulso dun plan de ordenación da natureza na ría de Ribadeo? (de Abres á Illa Pancha, da Lieira a Reme, claro!) Sostibilidade ambiental, e non só na ría: para afrontala en todo o concello fai falta acción a partir de toda a poboación. Como se vai enfrontar?
E por último, como sabemos que as respostas corresponderán cos feitos na medida do posible?
E unha idea: copiar un bo programa dos máis (mesmo de convocatorias pasadas ou doutros lugares) non ten por que estar mal, sempre e cando non sexa algo cosmético, senón sentido, explicado e mesmo recoñecido que outra xente tivo primeiro esa idea.




















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



