Ribadeo, 4 de abril de 2023. A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará este mércores tres marchas procesionais no concerto de Semana Santa que ofrecerá mañá, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “o concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo terá lugar o mércores 5 de abril ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Vai ser un repertorio todo de marchas procesionais, algunhas delas que xa interpretamos hai anos, pero tres das pezas que imos tocar están por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.
David Ballester engade: “tanto desde a asociación Amadores da Música como desde a propia Banda queremos agradecer a colaboración da Confraría da Semana Santa de Ribadeo e dos párrocos da igrexa de Santa María do Campo polas súas facilidades para poder levar a cabo este concerto xa que non hai mellor lugar para interpretar bandas procesionais que a igrexa parroquial, que coa súa sonoridade fai que luzan moito máis esas pezas”.
Ademais o director da Banda ribadense invita “a toda xente que se atope o mércores 5 de abril en Ribadeo a que se achegue á igrexa parroquial a disfrutar das marchas procesionais que vai interpretar a Banda Municipal de Música de Ribadeo ás nove menos cuarto da tarde” e destaca: “poñemos enriba do atril tres pezas novas porque ir renovando o repertorio da Banda sempre é bo e quere dicir que seguimos funcionando con ganas”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



