A Mariña, 3 de abril de 2023. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense distribúe máis de 100 exemplares do testamento do mariscal Pardo de Cela entre centros educativos, bibliotecas públicas da comarca e o futuro centro de interpretación, sito no Castelo de Castro de Ouro en Alfoz.
Ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola propia Mancomunidade coa colaboración da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, o ente supramunicipal vén de apoiar a re impresión da publicación El testamento del marsical Pardo de Cela. Noticia del hallazo y edición documental, que asina Eduardo Pardo de Guevara y Valdés -Profesor de investigación ad honorem do CSIC e Director honorario do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento-con edición da Editorial CSIC. Trátase dunha obra que da conta do achado do testamento e codicilo outorgado o 1 e 3 de outubro de 1483 polo mariscal, contextualizando, valorando e editando o propio documento e poñendo en valor a súa significación histórica.
Desde a Mancomunidade indican que “se trata dunha acción enmarcada no proxecto de reactivación da Ruta Pardo de Cela, que está a ser desenvolta no territorio a cargo do vixente Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense e que inclúeo o deseño e execución do centro de interpretación de Pardo de Cela no Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz, para explicar unha das figuras máis emblemáticas da historia medieval de Galicia. Tamén inclúe a reactivación da coñecida Ruta Pardo de Cela –roteiro promovido nos anos XX pola Asociación Mundo Galea-, na que se traballa para darlle un enfoque eminentemente histórico e de maior alcance xeográfico ao longo da comarca a través de accións como a revisión dos espazos significativos relacionados coa vida do mariscal e situados en diversos concellos mariñáns, a re-definición do itinerario, colocación de sinais, etc”.
E explican que “os obxectivos xerais destes proxectos en torno á figura de Pardo de Cela son aportar argumentos para a desestacionalización e enriquecemento de propostas culturais e educativas na Mariña Lucense; a redistribución de fluxos turísticos cara ao interior da comarca grazas ao atractivo do centro de interpretación e a súa integración na Ruta Pardo de Cela -retroalimentándose ambos recursos-; e comunicar o proxecto de forma axeitada para que se perciba como unha acción integral, a Mariña como espazo referente da figura Pardo de Cela dentro de Galicia e favorecer o posicionamento do produto cultural no destino”.
Os exemplares do testamento de Pardo de Cela foron enviados aos colexios de educación infantil e primaria, institutos de educación secundaria, e bibliotecas públicas da Mariña Lucense, e a aquelas outras institucións que polo seu interese documental e histórico o requiran, para que poidan contar con esta publicación.





















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



