Alfoz, 30 de abril, 2023. O día 28 de maio celébranse as Eleccións Municipais ás que o actual rexedor volver a presentarse coa ilusión de seguir traballando polo benestar de todos os veciños e veciñas de Alfoz os vindeiros 4 anos.
Os motivos de presentarse de novo á alcaldía son varios. O primeiro, a petición de moita xente do pobo, de distintas ideas políticas que o animan a continuar pola forma de traballar, con transparencia, boa xestión e co trato próximo a todos sen diferenciar a ideoloxía de cada quen, mirando sempre polas necesidades de Alfoz. En segundo lugar por ver feitos proxectos iniciados neste tempo coma o Plan Básico de Urbanismo, O Centro de Interpretación de Pardo de Cela no Castelo, a mellora das beirarrúas da Seara, poñer en marcha o Plan de Dinamización das Parroquias para que cada veciño e veciña se sinta orgulloso do seu entorno, etc. marcando un antes e despois.
Acompañan na lista un equipo de mulleres e homes comprometidos co seu pobo, que creen firmemente no potencial de Alfoz para seguir mellorando en todos os ámbitos, poñendo por diante sempre o benestar da veciñanza e avalado polo traballo realizado durante estes anos. Non hai case cambios na candidatura porque “cando as cousas funcionan ben non é preciso cambialas”.
De xeito especial, Val agradece a súa labor nesta lexislatura a Marisa Goás e César Marrube, concelleiros de Cultura e Deporte que deixan a primeira liña a Sonia Expósito e Alex Carballeira pero que continúan e continuarán traballando polo proxecto socialista de Alfoz como fixeron sempre. Neste equipo os números son só iso, números, cada persoa da primeira á última aportan o seu traballo, a súa experiencia, ilusión e compromiso para mellorar Alfoz día a día.
“Non vou lembrarvos todas obras que fixemos ao longo destes anos, so hai que facer memoria de como estaban as estradas das Oiras, do Pereiro, de Bacoi, de Adelán, de Carballido…e os accesos aos distintos núcleos, así como a traída de augas”, apunta o candidato á reelección
“Tamén se fixeron distintas actividades culturais, educativas, deportivas, colaborando ao máximo coas asociacións e cos centros educativos de Alfoz. Continuamos e melloramos os programas de conciliación e de axudas aos estudantes, tanto coas becas de transporte como co servizo de información e tramitación de becas do Ministerio de Educación”.
En turismo, seguimos promocionando o noso concello e poñendo en valor o seu gran patrimonio histórico, artístico e natural e tendo cada vez máis visitantes de distintos lugares de España e do estranxeiro.
“Colaboramos con outras administracións e coa iniciativa privada para avanzar na implantación da administración electrónica e mellorar as conexións de internet, tendo fibra en case todo o municipio e apostando pola formación de todos en todas nas novas tecnoloxías para que ninguén se quede atrá”s.
“Non esquecemos nunca aos nosos maiores, invertendo en servizos sociais para cubrir as súas necesidades e tamén en actividades educativas coma o Programa Activamente ou deportivas para favorecer hábitos saudables”.
“Quero seguir traballando outros 4 anos máis, con honradez, transparencia e coa participación de todos e todas vós, para que ninguén se sinta marxinado polo lugar onde viva, porque creo firmemente no rural e nas vantaxes que temos e podemos ter ao residir nun entorno tan privilexiado como o noso pobo”.
CANDIDATURA COMPLETA
1. JORGE VAL DÍAZ
2. ANA ARANZAZU INCERA ARES
3. CÁNDIDO PALEO REJES
4. SONIA EXPÓSITO GOÁS
5. ALEJANDRO CARBALLEIRA PEDREIRA
6. ANA BELÉN DÍAZ GONZÁLEZ
7. JUSTO JUAN MASEDA PAZ
8. Mª LUISA GOÁS LORENZO
9. CARLOS SANJURJO LORENZO
10. ELÍAS PARDEIRO CAYÓN
11. JOSÉ RAMÓN VIZOSO GOÁS
12. PEDRO CARREIRAS VIZOSO
13. JOSÉ MARÍA EXPÓSITO RODRÍGUEZ
14. RAMÓN RUBAL FERNÁNDEZ
15. CÉSAR MARRUBE NOVO




















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



