Burela, 1 de agosto, 2026. Un ano máis, o porto de Burela convértese no epicentro da actividade da primeira fin de semana de agosto coa celebración da 40ª Feira do Bonito, declarada Festa de Interese Turístico Nacional e Galego, que atraerá a milleiros de visitantes.
Paralelamente, a Fundación Expomar organiza unha nova edición de Produart, a feira dos produtos do mar, artesanais e ecolóxicos, que alcanza xa a súa 24ª edición. Como mostra de artesanía e produto ecolóxico, Produart reflicte os valores de sustentabilidade dos recursos pesqueiros de Burela, así como a súa tradición artesanal e o seu patrimonio cultural.
Máis de 60 expositores participan desde o venres ata o domingo nunha nave de redes do porto, que este ano amplía a súa zona de exposición. O espazo combina “os saberes e sabores dunha terra que mira ao mar”, cunha oferta que inclúe artesanía, gastronomía popular, a presentación da próxima edición do festival Osa do Mar —con concerto incluído—, demostracións de encaixe de bolillos, tear e xoiería, actividades infantís e degustación de produtos pesqueiros.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou o evento o venres ás 17:30 horas, acompañada por Carmela López, presidenta da Fundación Expomar, presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela; Ramiro Fernández, concelleiro de Mar; e José M. González “Brais”, xerente da Fundación Expomar.
Ás 19:00 celebrouse a presentación do XII Festival Osa do Mar, que terá lugar do 3 ao 6 de setembro. No acto participaron Marcos Reimunde e Diego Campo, da Asociación Fanto Fantini; Alfonso Villares, delegado da Xunta en Lugo; Iria Castro, en representación da Deputación; e Carmela López.
A xornada pechouse cun concerto especial Osa do Mar a cargo do grupo Tapa D’Orella, seguido dunha degustación gratuíta de produtos do mar, na que se ofreceron croquetas de Peixe de Burela, empanada de Bonito de Burela e salpicón de pescada do pincho. A actividade enmárcase na campaña Galicia Sabe AMar da Consellería do Mar.
Durante o sábado e domingo, coincidindo coa XL Feira do Bonito, terá lugar a tradicional demostración de encaixe de palillos da Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeiras” de Burela, así como os clásicos pintacaras infantís do Centro de Educación Medioambiental Gaia.
Tamén se celebrarán demostracións de tear e xoiería, patrocinadas pola Deputación de Lugo, a cargo das artesás Noelia Feal e Estela Insua.
O domingo ás 13:00 terá lugar a charla-coloquio “Astronomía básica da eclipse, planificación e observación segura”, impartida polo divulgador astronómico Antonio Pazos Pérez, na que se ofrecerá información sobre a eclipse total do 12 de agosto, para a que a provincia de Lugo se perfila como un lugar privilexiado.
Finalmente, o domingo ás 20:00 pecharase esta nova edición de Produart, que a Fundación Expomar agarda que sexa “un éxito rotundo, apoiado pola Feira do Bonito e polas múltiples actividades culturais, deportivas e de lecer que se celebran estes días en Burela, demostrando unha vez máis a capacidade do municipio para organizar eventos de alta calidade”, en palabras da presidenta da entidade e alcaldesa, Carmela López.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



