Noa Presas: “Fixeron perder tempo e recursos económicos a este País cunha lei tan inútil que tiveron que modificala once veces con máis de 50 cambios, o único predicible e seguro é que gobernaron para os intereses das grandes eléctricas”
Santiago de Compostela, 26 de abril 2023. O BNG defendeu no Pleno do Parlamento a súa alternativa para o modelo eólico en Galiza, que pasa pola creación dunha empresa pública de enerxía e unha planificación ordenada do sector co obxectivo de que os seus beneficios revertan na economía e no benestar das galegas e galegos fronte “a falta de prazos, concrecións e explicacións” sobre o último anuncio de Alfonso Rueda respecto da creación dunha empresa público-privada para a explotación eólica, sinalou a portavoz de Enerxía, Noa Presas.
“Despois da campaña electoral máis noxenta da historia deste País, despois de abrazarse a Iberdrola na noite electoral, paralizaron un decreto e un concurso que terían revolucionado Galiza”, recriminou a portavoz de Enerxía, Noa Presas, a Francisco Conde, vicepresidente e conselleiro de Industria. “Fixeron perder tempo e recursos económicos a este País cunha lei tan inútil que tiveron que modificala once veces con máis de 50 cambios, o único predicible e seguro é que gobernaron para os intereses das grandes eléctricas”, criticou.
Presas aludiu ao “fracaso” do modelo do PP baseado “nun canon eólico que recadou 2,5 millóns de euros menos do previsto” e que, aos seus ollos, fixo ás galegas e galegos pagar 38 millóns de euros de suplemento territorial na súa factura, “a cifra máis alta de todo o estado, Madrid, que xera cero MW, pagou cero euros”, apostillou. A deputada criticou a orientación do modelo enerxético do PP, que provocou “o peche de industrias como Isowat, Siemens Gamesa ou Vestas” e fai que outras “como Gri Towers ou Ganomagoga están en perigo”, advertiu.
Ademais, fixo referenza ás sentenzas “demoledoras” como a de Sasdónigas, Iribio ou Corme que amosan un modelo do PP “antisocial, sen garantías de participación da sociedade, nin garantías ambientais nin respecto polas súas propias leis”, denunciou nunha intervención na que tamén aproveitou para reprocharlle á bancada popular o “agasallo” de1.600M€ de plans industriais ás empresas, “algunha dunha señora que se sentou con vostede todos os xoves durante 6 anos antes de coller o portalón xiratorio a Greenalia” ironizou, en alusión á ex-conselleira do PP, Beatriz Mato.
Presas defendeu na tribuna o modelo do BNG para o sector eólico “con participación cidadá, cunha empresa pública de enerxía” para que os beneficios da explotación eléctrica en Galiza repercutan nas maiorías sociais do País. Non ocultou o seu “asombro” fronte un Goberno de Rueda “que rexeitou neste Parlamento todas as iniciativas encamiñadas a este fin e agora nos anuncia a creación dunha sociedade onde estaría á Xunta”, sobre a cal o presidente da Xunta “xa non sabe onde meterse, porque non é capaz de explicar que tipo de empresa sería nin que cota de participación tería o goberno galego, tampouco que funcións vai ter”, recriminou a parlamentaria nacionalista.
Neste sentido, impeleu ao PP a “ver o que fan os seus compañeiros de partido en Ourense” xa que o Partido Popular da deputación ourensá votou a favor dunha proposta do BNG “onde se reclamaba a participación pública no negocio eólico”.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



