Foz, 23 abril 2023. O BNG presentou hoxe en Foz a candidatura para as vindeiras eleccións municipais que encabeza Francisco Xavier Fanego. Unha candidatura conformada por xente moza e xente con experiencia, por persoas de diferentes sectores e comprometida tamén no día a día co futuro do concello, participando todas elas e todos eles en diferentes colectivos e sectores na dinamizacion do pobo.
O amplo equipo que lidera Fanego composto por vintesete persoas levará adiante en Foz o #modeloBNG de política municipal, que é o modelo realmente transformador que precisan vilas e concellos coma Foz, para mellorar a vida das persoas, poñendo no centro das súas actuacions as necesidades da veciñanza, para atendelas, con diálogo e transparencia, como veu facendo xa nestes catro anos o grupo municipal do BNG no goberno do concello deste a tenencia de alcaldía de Francisco X. Fanego e as respectivas concellería despendentes dela.
A candidatura é a seguinte:
1.- FRANCISCO JAVIER FANEGO BERMÚDEZ
2.- SIMEÓN NEIRA LÓPEZ
3.- BENITO GARCÍA BOLAÑO
4.- ZORAIDA COIRA VÁZQUEZ
5.- SARA VEIGA ALONSO
6.- GEMA MÉNDEZ LEIVAS
7.- IAGO VILLAMIL CAJOTO
8.- SONIA ZUBILLAGA FERNÁNDEZ
9.- ANTÍA FERNÁNDEZ MOSCOSO
10.- DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ
11.- DAVID GARCÍA DÍAZ
12.- JOSÉ RAMÓN VEIGA ALONSO
13.- PAZ QUIROGA LABRADA
14.- ESTANISLAO MOREDA RODRÍGUEZ
15.- TERESA REGO CABANAS
16.- JOSÉ LUÍS ARCA COUTO
17.- LORENA SEIVANE GARCÍA
SUPLENTES
1.- MARÍA ELVIRA ARIAS SANTE
2.- ANTÓN XOSÉ NEIRA ALONSO
3.- AMARA MÉNDEZ ALONSO
4.- JUÁN BENITO GARCÍA LORENZO
5.- ROSA MARÍA CALVO MARTÍNEZ
6.- JOSÉ RICARDO GARCÍA BLANCO
7.- MARÍA INÉS PAZ NEIRA
8.- ANTÓN PONCE MONTERO
9.- PILAR REI TEIXEIRO
10.- JOSÉ MANUEL PEÑA ABEIJÓN


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



