A cita, que xa achegou a música clásica ao estudantado de Monterroso, Viveiro e Burela, congregou a unha trintena de rapaces e rapazas de secundaria do instituto fonsagradino. O alumnado descubriu este estilo musical grazas a esta iniciativa da Deputación, que xira arredor do Trío K. 498 Kegelstatt para clarinete, viola e piano, de W.A. Mozart. O programa rematará a vindeira semana, cun concerto o luns en Becerreá e o martes en Vilalba.
A Deputación celebrou este venres no IES Fontem Albei, da Fonsagrada, un novo concerto do programa Música e Memes
A Deputación celebrou este venres no IES Fontem Albei, da Fonsagrada, un novo concerto do programa Música e Memes
Relacionado
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas
-
Isabel Rodríguez incide na necesidade de evitar atropelos en estradas e vías urbanas a través dunha campaña da DGT de reparto de chalecos reflectantes no concello de Vilalba