Persoal, usuarios e familiares do centro de Cospeito celebraron hoxe o doce aniversario deste equipamento pertencente á rede pública autonómica
Cospeito, 11 de maio de 2023. A Xunta de Galicia destaca a atención de calidade e os coidados que reciben as persoas maiores que acoden aos centro de día. Así o sinalou o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, que hoxe visitou o centro de día de Cospeito coincidindo coa celebración do doce aniversario da entrada en funcionamento deste servizo pertencente á rede pública autonómica.
Esta conmemoración, ao que tamén asistiu o alcalde do concello, Armando Castosa, serviu de xornada de encontro para que persoal, usuarios e familiares do equipamento compartiran experiencias. A celebración incluíu sesión vermú con música e un xantar na praza do polbo.
Este centro de día pon a disposición das familias de Cospeito e dos concellos da zona un total de 40 prazas de atención diúrna. Ofrécese unha atención terapéutica integral aos maiores, así como apoio ás súas familias. A Xunta mellorou recentemente as condicións de illamento e impermeabilización destas instalacións, e ademais reforzou o servizo de transporte cun segundo vehículo adaptado.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



