Ribadeo, 3 de mairo, 2023. Despois de varios cursos sen levar a cabo intercambios, o IES Ribadeo Dionisio Gamallo volveu recuperar aos seus socios do Karl von Frisch Gymnasium de Dusslingen, e unha nova xeración de alumnos e alumnas ribadenses, como embaixadores junior do Parlamento Europeo, visitaron Alemaña durante sete días para coñecer algunha das cidades máis importantes da rexión de Baden-Württemberg e comparar o sistema educativo asistindo ás clases no instituto alemán e descubrindo a súa cultura.
Durante estes días nos que acompañou o bo tempo, agás algunha treboada pasaxeira, puideron coñecer Estrasburgo e o campo de concentración de Struthof-Natzviller, a escasos 50 quilómetros da cidade, achegándose así aos dous polos extremos das relacións humanas: a guerra por unha parte, con todas as atrocidades e catástrofes máis alá do imaxinable, e por outro lado o desexo de paz, progreso e cooperación que son valores primordiais da Unión Europea e que lembramos durante o paseo polas institucións desta cidade francesa que produciu a Marsellesa e a bandeira azul con estrelas douradas. Deixándonos levar polo fluír lento do río Ill pasamos da Petite-France ata os modernos edificios que albergan durante varios días cada mes a vida política presente e futura de Europa.
A segunda viaxe longa levounos ata Heidelberg, a cidade con fama de ser a máis bonita de Alemaña e coas rúas peonís máis longas, tamén é a cidade alemá coa Universidade máis antiga (1386), pola que pasaron ao longo dos tempos non só o máis insigne escritor alemán, W. Goethe, senón tamén Martín Lutero, os filósofos existenciales Alfred Weber e Karl Jaspers, Hegel, o pai da dialéctica, o novelista estadounidense Mark Twain, o pai do romanticismo alemán Joseph von Eichendorff, o músico Shumann, o pintor británico William Turner, o creador da primeira táboa periódica dos elementos Dmitri Mendeléyevl, o químico Robert W. Bunsen, a filósofa Hannah Arendt, J. Habermas, M. Weber, H.G. Gadamer o creador da hermenéutica filosófica,… un listado inacabable que agardamos que siga aumentando ao infinito.
A 40 quilómetros ao norte está a capital desta rexión e unha das seis cidades alemás máis alemás: Stuttgart, unha cidade completamente destruída polos bombardeos na IIª Guerra Mundial (os seus escombros converteríanse no monte Birkenkopf, coñecido como monte Scherbelino), e berce da industria do automóbil. A visita ao museo Mercedes-Benz é obrigada e inevitable sem pretender caer en comparacións.
O centro alemán está a escasos quilómetros de Tübingen, cidade universitaria por excelencia (de feito a segunda máis antiga de Alemaña) e que conserva a mesma formalidade estudiantil que cando Schelling, Hegel, Hölderling e o inevitable Goethe estudaron na súa mocidade, ou o físico Geiger, o astrónomo J. Kepler,…
Estamos convencidos de que as experiencias vividas marcarán positivamente esta etapa estudantil do noso alumnado, que recibirá aos seus colegas a finais de xuño completando así un ciclo de aprendizaxe e unha nova etapa no coñecemento do sistema educativo, a cultura e a forma de vida e de traballo dos nosos veciños.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



