O alcaldable destacou o importante papel da muller no partido e, por iso, “non podíamos comezar a campaña con outro acto que non fora poñendo o valor das nosas mulleres que día a día están levantando Ribadeo”
Ribadeo, 12 de maio de 2023. O Partido Popular de Ribadeo comezou hoxe a campaña política cunha reunión coa conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na que se abordou o papel que xoga a muller no sector do emprendemento e do rural. Neste sentido, o candidato á alcaldía Dani Vega, destaca o papel “tan importante” da muller do rural en Ribadeo, pola súa implicación co sector: “neste primeiro acto de campaña, quixemos destacar o papel da muller traballadora nos diferentes sectores, pero sobre todo no sector primario, no rural”. Ademais, agradeceu á conselleira “por vir a Ribadeo e coordinar políticas que axuden a impulsar o emprego na vila”.
Vega subliña a presenza da muller en Ribadeo en tódolos eidos: “temos que destacar ás mulleres que día a día están levantando Ribadeo, xa sexa sector servizos, hostalería, na educación temos mestras que non só fan ben o seu traballo senón que teñen unha implicación cos mozos e mozas de Ribadeo en ámbitos culturais. Temos mulleres fortes e traballadores que ademais de educar aos nosos nenos dirixen a coral polifónica, o coro xuvenil ou forman parte das AMPAS e tamén temos que destacar o papel tan importante da muller do mar.”
Por outra banda, o candidato di: “En xeral cada unha das mulleres traballadoras aporta individualmente e axuda moito ao colectivo de Ribadeo e, como non podía ser de outra forma, un partido como o noso que está liderado por mulleres. Por iso mesmo, tiñamos que empezar o primeiro acto apoiando as mulleres do noso municipio”.
Pola súa parte, María Jesús Lorenzana agradeceu a Daniel Vega e a todo o seu equipo a invitación ao acto no que asegurou o compromiso do Goberno galego para poñer o aceno na mellora das condicións laborais e a prol da igualdade das mulleres galegas. Neste senso, lembrou que a Xunta de Galicia conta co Plan Emprega Muller que, cun orzamento de máis de 16 millóns de euros, está conformado por programas específicos para prestar un apoio integral para o acceso, o mantemento, a consolidación e a promoción profesional do colectivo feminino. “A mulleres rurais sodes unha forza clave do noso mercado de traballo. Representades a cuarta parte da poboación mundial e sodes un dos alicerces esenciais para o desenvolvemento sostible e para a valorización do medio rural, que é a despensa e o pulmón do mundo”, dixo a conselleira.
























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



