Vázquez destacou do candidato o seu coñecemento do municipio e o compromiso que ten con todos os seus veciños. Ademais asegurou tamén que traballarán para levar a nova depuradora a Barreiros
Barreiros, 23 de maio de 2023. A reponsable do Goberno galego de infraestruturas e mobilidade, Ethel Vázquez visitou esta tarde Barreiros para acudir ao mítin do PP da localidade xunto ao coordinador xeral do PP provincial, José Manuel Balseiro Ourol, e o deputado no Congreso, Jaime De Olano, no que arroupou ao candidato á alcaldía, José Manuel Gómez Puente, e apoiou o seu proxecto político en materia de infraestruturas.
Ethel Vázquez destacou que José Manuel Gómez puente é un candidato que coñece “ao dedillo” o seu municipio e manifestou o compromiso de colaborar para resolver o problema de vertidos na praia de Arealonga e para mellorar o saneamento de San Miguel de Reinante.
Precisamente durante o encontro o alcaldable destacou as principais liñas coas que queren traballar se chegan a gobernar. Unha das máis importantes, en materia de infraestruturas é “conseguir a depuradura de San Miguel de Reinante” porque, entre outras cousas, “sen a depuradora a praia de Arealonga seguirá estando pechada ao baño nunha parte”. Os núcleos de San Miguel e Reinante carecen de sistemas adecuados de depuración, pois as respectivas depuradoras están obsoletas, e os problemas quedan en evidencia, sobre todo en tempada estival polo aumento da actividade turística. É frecuente tamén as notificacións de positivos en contaminación microbiolóxica por presenza de bacterias fecais e que impiden o uso da zona de baño.
Para para Barreiros, di Gómez Puente, outro dos asuntos a tratr con máis urxencia é o déficit de socorristas nas prais do municipio durante a tempada de verán. “Cando gobernaba o PP en Barreiros tiñamos un servizo de socorristas referente en toda a Mariña e precisamos volver a telo para dar seguridade nas praias aos nosos veciños”, explica o candidato.
VOTO ÚTIL
Olano recorda que o BNG dicía que o PP iba pechar o Hospital da Costa e, sen embargo, investiu 20M€ na súa mellora, mentras que o BNG nada executou durante o tempo que estivo no Goberno da Xunta. “E foron os nacionalistas os que fixeron posible que Sánchez sexa hoxe o presidente do Goberno. Foi o BNG o que apoiou un Goberno defende aos okupas e que non fixo nada polas mulleres coa Lei do solo si es si que permite que os violadores saían da prisión”, afirmou. Neste senso, destacou a importancia de que, a partires do domingo, haxa unha Deputación que goberne “para todos igual porque todos pagamos impostos e, entre todos, a finais de ano, levar a Feijóo á Moncloa”.
Pola súa banda, José Manuel Balseiro, apelou ao voto útil, xa que “se non cambia o goberno local, Barreiros irá a peor. Em ademais, hai que ter conta, dixo, que as obras importantes deste concello foron feitas polo PP”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



