A nova proposta de Ibuprofeno Teatro é unha traxicomedia sórdida con música en directo que protagonizan Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Rios, María Costas e Mon Orencio
Burela, 18 de maio, 2023. Ibuprofeno Teatro presenta o vindeiro sábado 20 de maio ás 20:30 horas ‘Smoke on the water’ na Casa da Cultura de Burela. A montaxe da compañía de Ibuprofeno Teatro, que toma o seu título do mítico tema da banda inglesa Deep Purple, é unha traxicomedia sórdida con música en directo ambientada no universo do rock dos 70.
O texto de Santiago Cortegoso, quen asina tamén a dirección, recibiu o Premio Mome Varela Buxán de textos teatrais no 2013 e está editado por Positivas, nun único volume xunto ao último texto de Cortegoso ‘O mel non caduca’. En escena Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Rios e María Costas dan vida a uns personaxes fracasados e maltratados pola vida. Acompáñaos no escenario o músico Mon Orencio que se encarga tamén do espazo sonoro. Salvador del Río no deseño de iluminación, Pablo Giráldez ‘O Pastor’ no deseño do espazo escénico, Marián Bañobre no deseño de vestiario, Baia Fernández na caracterización e Carmela Bueno na axudantía de dirección e movemento escénico completan o equipo artístico.
A proposta escénica móvese entre un concerto de rock e o interior dunha casa, entre a realidade e o imaxinado, entre o que é e o que puido ser. O fracaso, a ferocidade do capitalismo cos individuos menos produtivos, a identidade do individuo fronte á sociedade, a filosofía ou o amor están presentes a través das relacións entre personaxes complexos e atrapados, que non están onde queren estar pero tampouco son quen de moverse.
A taquilla abrirase ás 20 horas na Casa da Cultura e o prezo será de 4 euros.


























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.



