Está composta por unha vintena de obras pintadas en acuarela inspiradas en San Cibrao e a súa conexión mariñeira. O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, estiveron na apertura de portas desta mostra que se complementa con varias sesións de arte en vivo. Nesta primeira experiencia en directo a artista deseñou un paraugas inspirado, entre outros motivos, na figura da Maruxaina. O vindeiro 28 de maio e o 11 de xuño, volverá haber exhibicións en directo a cargo de Laura Doldán.
![A sala da exposicións da Casa da Cultura de Cervo acolle ata o 16 de xuño unha mostra da artista Laura Doldán (Lume da Luma)](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/05/47bf4a2e-57f0-407c-81eb-225165f8572d-1024x682.jpg)