A candidata socialista ofreceu un mitin este martes no Centro Cívico xunto ao Senador César Mogo e o Deputado provincial Pablo Rivera, apelando ás “políticas útiles para o noso concello”, pois “faltan servizos básicos, algo incrible”
Xove, 23 de maio de 2023. A candidata á Alcaldía de Xove polo PSdeG, Rogelia Mariña Pernas, amosouse este martes ilusionada e con forza porque co proxecto que presenta co seu equipo “queremos sacar a Xove da escuridade e do letargo ós que está sometido con novas ideas e proxectos realistas”, afirmou nun mitin que acolleu o Centro Cívico. Un acto político que contou coa presenza do Senador socialista por Lugo, César Mogo Zaro, e do Deputado provincial Pablo Rivera Capón, xunto con alcaldes e alcaldesas, e portavoces socialistas, representantes municipais, responsables orgánicos, e militantes e simpatizantes do partido no concello e na comarca da Mariña.
Rogelia Mariña foi clara ao reivindicar “unhas políticas útiles” para o concello, “porque parece mentira que teñamos aínda casas sen saneamento e sen estar enganchadas á traída municipal da auga, é incrible”. Incidiu en que resulta “incomprensible” este feito, “porque, se lemos o programa electoral do partido que está no Goberno, vemos como sigue prometendo estes servizos básicos eleccións tras eleccións. Non é de xustiza para os nosos veciños e veciñas”. “Agora vano facer ou vai ser unha promesa baleira unha vez máis tras máis de 8 anos prometéndoo?”, preguntou.
A candidata socialista explicou que se presenta a estas eleccións coa experiencia vital, laboral e sindical que foi atesourando ao longo da vida. “Teño moita experiencia para loitar contra as desigualdades e as inxustizas laborais. Sufrinas en primeira persoa, e agora dou este paso adiante encabezando esta candidatura progresista con moita ilusión e con moitas ganas de impulsar proxectos prioritarios para Xove, como a creación de emprego ou a mellora de servizos asistenciais para a veciñanza”.
“O PP traizoou A Mariña”
Pablo Rivera recalcou que Xove “necesita políticas progresistas e socialistas”. “Hai que aproveitar o enorme potencial que existe neste concello e nesta comarca, e facelo escoitando á xente e resolvendo os seus problemas, cun proxecto pensado para os veciños e veciñas de Xove, centrado nas persoas e nos colectivos sociais que a conforman”, incidiu.
Tanto Rivera, como César Mogo, lembraron ademais o “abandono” do PP con respecto á actividade industrial de Alcoa e a súa “traizón” á Mariña con Altri. “Prometeron moito e non cumpriron nada. Só veñen aquí para meter medo, nunca aportan solucións ós problemas dos mariñáns porque ante o peche de industrias, foron e seguen sendo meros espectadores, cando a Xunta é a que ten as competencias en industria segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia”, aseguraron.
Nese sentido, Mogo puxo en valor o compromiso que amosaron os alcaldes e alcaldesas da comarca, así como os candidatos socialistas coa Mariña: “Están ás duras e ás maduras, sempre poñen riba os intereses da comarca, sexa o Goberno da cor que sexa, porque os do PP, se teñen que elixir entre A Mariña e o PP, elixen o PP”.
O Senador evidenciou que “Rueda veu á Mariña a faltarlle ó respecto ós nosos veciños e veciñas. Non falou de emprego nin de industria, tampouco dos salarios, nin das pensións, só veu traer mentiras e confrontación: nin ideas, nin proxecto, só falsidades”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



