A subdelegada, acompañada da alcaldesa de Burela, visitou un dos establecementos da provincia adheridos ao programa estatal
Burela, 28 de xuño de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lembrou este mércores en Burela que tanto empresas como mozos e mozas lucenses xa poden solicitar o Bono Cultural Xove que impulsa o Ministerio de Cultura e Deporte. Trátase do programa estatal que ofrece unha axuda directa de 400 euros ás persoas quen cumpre 18 anos para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais e do que o ano pasado beneficiáronse 1.143 mozos. Neste senso, Isabel Rodríguez animou aos 2.186 rapaces e rapazas da provincia nados en 2005 a que soliciten o bono desta segunda edición na páxina web. O prazo remata o vindeiro 30 de setembro.
A subdelegada, acompañada da alcaldesa de Burela, Carmela López, visitaron esta mañá a librería Atril, un dos establecementos adheridos ao Bono Cultural Xove na provincia de Lugo, para coñecer da man do xerente, Javier Chao, como está a funcionar esta iniciativa, ao tempo que intercambiaron impresións das vantaxes que ofrece o programa como que aquelas empresas que xa forman parte do Bono Cultural Xove poden seguir ofrecendo os seus servizos ou produtos sen necesidade de realizar trámite algún.
“O prazo para inscribirse aínda está aberto polo que convido a todo o tecido cultural da provincia, tanto público como privado, a sumarse ao programa, desde teatros, festivais e salas de cine, pasando por museos, librarías ou tendas de música”, engadiu Isabel Rodríguez que recalcou que “é unha axuda para apoiar a emancipación dos nosos mozos á vez que se impulsa unha industria tan importante como a cultural, dinamizando comercio de proximidade da nosa provincia”.
O Bono Cultural Xove funciona exclusivamente naquelas empresas, comercios e entidades culturais que previamente solicitasen a súa adhesión ao programa. Na provincia de Lugo hai máis dunha vintena de establecementos adheridos, entre eles distintas librarías, tendas de produtos dixitais e online, especializadas en música e videoxogos. Neste senso, todas as entidades interesadas en vender os seus produtos e servizos aos portadores desta tarxeta poden tramitar a súa adhesión ao programa a través da web.
Válido durante 1 ano
Por segundo ano consecutivo, o bono é válido durante os 12 meses seguintes á súa concesión. Cada persoa beneficiaria poderá destinar ata 200 euros a artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais; un máximo de 100 euros a bens culturais en soporte físico e outros 100 euros ao consumo dixital ou en liña nas entidades adheridas ao programa.
O Goberno impulsa esta iniciativa que pretende fomentar o acceso universal e diversificado das persoas mozas á cultura, xerar e afianzar hábitos de consumo de produtos culturais, crear novos públicos, estimular a demanda e fortalecer e consolidar a revitalización do sector cultural en España.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



