A mostra está enmarcada en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación
Xove, 5 de xuño, 2023. Afundación asinou esta mañá, xunto con ABNACA e o Concello de Xove, un convenio para a exposición da súa nova aposta pola divulgación das coleccións ABANCA e Afundación cunha mostra de rúa que estará na praza anexa do Centro Cívico de Xove, desde o 14 de xuño ao 9 de xullo, e que se titula «Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA». Ao acto de presentación asistiron José Demetrio Salgueiro Rapa, alcalde de Xove; Óscar Rodríguez Rodríguez, coordinador institucional de ABANCA en Lugo; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.
Co obxectivo de amosar as coleccións de arte de ABANCA e Afundación fóra das súas sedes, Afundación deseñou unha exposición de rúa que permite encher as prazas de diferentes localidades galegas coa creación dalgún dos artistas galegos máis interesantes dos últimos douscentos anos. Obras que poden enmarcarse no impresionismo, o rexionalismo, romanticismo ou naturalismo, pero tamén novas linguaxes contemporáneas que mesturan a colaxe, o grafitti, a fotografía ou incluso o fume con trazos de factura moi persoal.
Todas as pezas seleccionadas convidan a facer unha viaxe, unhas por Galicia e outras arredor do mundo: Siena, O Cairo, A Habana, Chicago, a Antártida, a India ou Tokio a través da obra de importantes nomes da arte como Villaamil, Sotomayor, Carlos Sobrino, Freixanes, Pamen Pereira ou Berta Cáccamo, entre outros. A cronoloxía das pezas abrangue desde finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vai acompañada dun texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas.
O concepto do proxecto, a viaxe, sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un xeito de descubrir novos rumbos para a produción artística, pero tamén é unha experiencia enriquecedora para todos os viaxeiros. Por iso a exposición invita a facer unha viaxe, a deixar voar a imaxinación para percorrer as rúas, os campos, respirar as atmosferas e as sensacións que evoca cada imaxe.
Toda viaxe implica unha aprendizaxe, un pequeno ou gran cambio na persoa que o protagoniza; con esta mostra, Afundación, Obra Social ABANCA, invita a facelo a través dunha viaxe con moita arte.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



