“Cando matas a alguén, mátalo todos os días da túa vida” é o slogan da campaña de concienciación da DXT deste verán para evitar comportamentos incorrectos ao volante
Lugo, 27 de xullo de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, avanzou hoxe que durante a tarde do venres 28 de xullo, desde as 15:00, e ata as 24:00 horas do martes 1 de agosto, producirase un importante movemento de vehículos por todas as estradas da xeografía nacional motivado polo comezo do mes vacacional de agosto, o máis importante en canto a movementos de vehículos do verán.
Así, Isabel Rodríguez explicou que durante estes días combinaranse tanto os desprazamentos de regreso de quen finaliza as súas vacacións despois de gozalas en xullo con quen as inicia agora. Tamén se prevén moitos desprazamentos curtos típicos dunha fin de semana de verán, especialmente na provincia a zonas rurais ou de praia.
Para salvagardar a seguridade dos usuarios da vía, a Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha a Operación Especial “1º de agosto 2023”. O operativo conta coa total dispoñibilidade dos medios, tanto humanos como técnicos, incluíndo radares fixos e móbiles de control de velocidade, cámaras e furgonetas camufladas para controlar o uso de móbil e do cinto de seguridade dos que dispón a DXT.
Na provincia de Lugo prevense polo menos 126.000 desprazamentos, dos 947.000 estimados para todo o mes de agosto.
A absoluta prioridade de todos é que estes días sexan de descanso e encontro: por nós mesmos, polos nosos e por quen non coñecemos, é necesario poñer todo o posible da nosa parte para evitar sinistros, cuxas consecuencias non podemos controlar.
En agosto de 2022 producíronse na provincia 37 sinistros con vítimas, dos cales 1 foi mortal e 3 con feridos hospitalizados.
A subdelegada chamou a atención sobre os desprazamentos relativamente curtos ou por estradas coñecidas e lembrar que o alcol e o móbil sempre son pésimos socios cando se trata de conducir, aínda que sexa á aldea de á beira. Aínda que o fundamental é o compromiso de todos e cada un dos usuarios da vía, reforzaranse os controis para detectar e impedir estas condutas.
Salvagardar a seguridade na estrada
Desde a Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo chámase especialmente a atención sobre:
Desprazamentos curtos: non se pode baixar a garda. As distraccións e o alcol matan mesmo ao virar a esquina.
Peóns e ciclistas: o ano pasado houbo na provincia 4 atropelos con feridos, 2 graves, e 8 sinistros con ciclistas feridos. A estrada é de todos: imos atopar peóns e ciclistas e o respecto é o primeiro. Mesmo no verán: chaleco reflector.
Alcol: está a detectarse un aumento deste factor. Hai que evitar por todos os medios conducir se se tomaron bebidas alcohólicas.
Cansazo: parece mentira pero no verán tamén hai bastantes accidentes con vítimas por cansazo, algúns asociados ao alcol.
A DXT recomenda sempre revisar e poñer a punto o vehículo e antes de iniciar a viaxe, planificalo polo roteiro máis seguro para evitar imprevistos e informarse do estado das estradas. E non baixar a garda nos desprazamentos curtos, no lugar destino ou preto de casa, se aínda non nos fomos de vacacións ou xa volvemos.
Desde as contas de Twitter @informacionDGT e @DGTes ou os boletíns informativos en radio e televisión, así como no teléfono 011, infórmase da situación do tráfico en tempo real e das incidencias que poidan existir. Todo o dispositivo establecido, así como consellos pódese consultar en dgt.es (estado do tráfico/recomendacións de tráfico/operacións especiais).
























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



