Ribadeo, 5 de xullo de 2023. A hostalería local contará con vasos de plástico ríxido reutilizable para o VIII Ribadeo Indiano, que se celebra do 7 ao 9 de xullo. Trátase de 10.000 recipientes serigrafiados.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa coorganiza xunto ao Concello o Ribadeo Indiano, cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están agardando por esta fin de semana e prepáranse para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas que do 7 ao 9 de xullo se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde a organización do Ribadeo Indiano, tentamos ir a máis e poñemos en marcha iniciativas como a que hoxe damos a coñecer”.
O xerente da asociación ribadense, Jesús Pérez explicou, que “a novidade este ano é o reparto de 10.000 vasos de plástico irrompible de 600 cc, reutilizables, lavables e de materia prima 100% reciclable, que nace do compromiso da asociación cos nosos socios e socias, neste caso do sector da hostalería, xa que queremos que poidan repartir entre os seus clientes un recordo do Ribadeo Indiano. Somos conscientes ademais de que esta fin de semana os hostaleiros sofren unha perda importante de vasos de cristal, polo que poñemos á súa disposición un xeito de evitalo, ademais de traballar no compromiso de manter as rúas limpas e para evitar cortes ou accidentes innecesarios. Tamén queremos amosar o noso compromiso co coidado do medio ambiente”.
Cruzado Iglesias dixo que “se trata de vasos que están pensados para quedar de recordo nas nosas casas, cun deseño precioso, que recolle a esencia do Ribadeo Indiano. Queremos ademais subliñar que estes vasos están a disposición de toda a hostalaría local. Unha parte importante foron repartidos ao longo destes días. Pero aqueles negocios que precisen máis ou que aínda non conten con eles poden dirixirse a Acisa para que llelos facilite”.
O alcalde, Daniel Vega, tivo palabras de agradecemento para Acisa: “quérolle agradecer a Acisa todo o traballo que fixo durante estes días, estes meses, colaborando con nós, co Concello, para que o Ribadeo Indiano fora posible. Polo tanto, o noso agradecemento e tamén destacar que está colaborando con moitas iniciativas e quero subliñar unha delas que é entregando 10.000 vasos á hostalería para celebrar o Ribadeo Indiano entre todos. Así pois, o traballo conxunto, o traballo nunha mesma liña é o que da froitos e estase observando e sacándolle réditos para todo o noso Ribadeo”.
No acto de presentación dos vasos participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo e Seguridade, Marta Saiz e Montse Seijo, xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Decoración
Dende Acisa Ribadeo fan un chamamento especial aos comerciantes e hostaleiros de Ribadeo para que decoren os seus negocios, fachadas, terrazas, barras ou escaparates: “para iso lles facilitamos de forma gratuíta a cada socio e socia, bandeiras, flocos e faroliños, mais de 7.000 metros destes materiais e 700 faroliños, que xunto coa decoración das rúas fan mais de 15.000 metros e 1.000 faroliños. Sen dubida poñemos todo da nosa parte para engalanar os negocios e as rúas da vila. Queremos tamén animar a que os negocios decoren cun ambiente floral as súas fachadas e terrazas, para que consiga trasladarnos a Cuba, a onde unha parella viaxará o vindeiro mes de setembro da man do Ribadeo Indiano”, comentou Carmen Cruzado.
Ampliacións horarias
O xerente de Acisa explicou que “tamén queremos anunciar que os establecementos de hostalaría asociados a Acisa Ribadeo, contarán con dúas horas mais sobre a licenza habitual de peche nas madrugadas do 7 o 8 e do 8 ao 9 de xullo con motivo da celebración do Ribadeo indiano. Ademais no mes de xullo, tamén poderán gozar desta ampliación horaria nas madrugadas do 15 ao 16 e do 16 ao 17 así como do 24 ao 25 polas festas do Carme e do Dia de Galicia. Algo que sen dúbida creemos favorecerá ao sector asociado para poder exprimir ao máximo estes días de gran actividade económica”.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



