Lourenzá, 27 de xullo de 2023. A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Anunciouno hoxe, xoves, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello; fotocopia do CIF do grupo ou compañía; ficha artística e técnica; e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das solicitudes comezará ao día seguinte da publicación destas bases na web do Concello e rematará o 29 de setembro de 2023.
As representacións terán lugar no edificio multiusos Ponte de Cuñas os sábados e domingos do mes de novembro deste ano, establecéndose un máximo de oito (a organización, en función da calidade das obras, poderá modificar o número de representacións). O horario será establecido pola organización.
No mes de decembro terá lugar a entrega de premios nunha gala na que haberá unha representación teatral ou musical profesional. Para cada premio o xurado seleccionará tres nominados e será nesa gala cando se coñeza o gañador de cada categoría. A nominación será comunicada pola organización aos interesados. Á gala final deberán asistir todos os nominados/as ou os representantes nos que deleguen.
O Concello nomeará un xurado independente que presidirá o edil de Cultura ou a persoa na que delegue. O fallo do xurado será inapelable.
Cada grupo ou compañía de teatro seleccionado recibirá a cantidade de 350 euros en concepto de participación, desprazamento, montaxe, etcétera. Ademais establécense os seguintes premios:
– Premio Conde Santo á mellor representación: 750 euros e trofeo.
– Premio Lourenzo ao mellor actor: trofeo.
– Premio Ana á mellor actriz: trofeo.
– Premio ao mellor actor de reparto: trofeo.
– Premio á mellor actriz de reparto: trofeo.
– Premio á mellor posta en escena: trofeo.
– Premio especial do público: trofeo.
O xurado, de acordo coa organización, poderá establecer algún premio máis se o considerara oportuno.
Os medios técnicos necesarios para a representación correrán a cargo dos participantes. E a xestión de pago á SGAE polos dereitos de autor (se os houbera) correrán a cargo do grupo ou compañía participante no certame.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



