Foz, 3 de xullo de 2023. O Concello e a asociación O Noso Foz veñen de presentar a programación cultural de xullo e en especial para as Festas do Carme.
“O verán chega a Foz e comeza a programación especial desta tempada na que colaboran a comisión de festas O Noso Foz e o Concello. A comisión de festas O Noso Foz renóvase coa incorporación de xuventude e veteranía, pero sobre todo con moita ilusión e presenta a programación para as Festas do Carme, que se desenvolverán desde o 12 ata o 16 de xullo”, así o anunciaron a nova presidenta do colectivo, Fátima Novo, e os concelleiros Inés López Couto e Ángel Fernández Neira” .
Ángel Fernández, novo concelleiro en Foz, deixa o testigo da Asociación nas mans de Fátima Novo, que “asume a presidencia con ganas”, confirma o edil. O grupo fórmano Erea Ben, Suso Pérez, Atilano Fernández e Estefanía Otero e complétano as novas incorporacións: Suso Hermida, Álvaro Morís e José García. Únese veteranía e xuventude nunha comisión de festas que traballará con moito entusiasmo. “Desde a asociación queremos agradecerlle a Ángel Fernández a confianza depositada en nós para seguir traballando e construíndo eventos para o Concello, tanto para os máis novos como para os máis maiores, e queremos desexarlle a maior das sortes nesta nova etapa, seguiremos traballando con el codo con codo, sen ningunha dúbida”, indica a presidenta da comisión, Fátima Novo.
As Festas do Carme comezan o mércores día 12 co festival Coa Nosa Fala organizado polo Concello, que “contará coa actuación de Abril e de Catuxa Salom, a partir das 22:00 horas no parque Rosalía de Castro”, anuncia a concelleira Inés López, que continúa comentando: “este ano quixemos que A nosa Fala fora feminina é que as voces que escoitemos poñendo en valor a nosa música e a nosa lingua sexan ás de mulleres”. O xoves 13 ás 20:30 horas “será o pregón do Carme a cargo de Antonio Ares, mariñeiro xubilado e devoto da Virxe do Carme, na Igrexa Parroquial de Foz; e a continuación, ás 23 horas terá lugar o concerto de Pantera Rosa no Campo da Cabana”, anuncia Ángel Fernández. O venres 14 haberá verbena a cargo da Orquesta La Ola ADN e de Grupo D’Cano; o sábado 15, sesión vermú a cargo da Orquesta Magos, ao longo da tarde noite elaboraranse as alfombras florais na honra da Virxe do Carme e desde as 23 horas haberá verbena amenizada por Orquesta Magos e La Oca Band. O domingo 16 é o día grande e ás 12 horas comeza a misa na honra da Virxe do Carme cantada por Mar Aberto na Praza Conde de Fontao, con posterior ofrenda floral e procesión. A sesión vermú estará amenizada polo Grupo Platinum, que actuará de noite xunto coa Orquesta Los Players. O luns 17 será o día infantil das Festas do Carme e haberá inchables e obradoiros gratuítos para os máis pequenos na Praza Conde de Fontao de 18 a 21:30 horas.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece “o gran traballo da comisión de festas e de todos aqueles que se involucran na organización das festas patronais de Foz, como a Cofradía Virxe do Carme. Continuaremos traballando codo a codo para que o verán de todo o concello de Foz sexa o elixido para desfrutar do tempo libre e do noso comercio e hostalería”.
A comisión de festas agradécelle ao Concello de Foz “a súa inestimable e imprescindible colaboración en todos os actos que se van desenvolver ao longo de todo o verán”.
Todos aqueles que queiran colaborar no deseño, traballo cos materiais e creación das alfombras florais poderán apuntarse chamando ao teléfono 982.140.027, extensión 3. A partir do martes 4, comezarase a traballar na pista exterior da Sala Bahía, que se habilitará para o tintado e corte de flores e outras preparación de materiais.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



