O programa electoral do PP recolle a necesidade de dotar de novas prazas financiadas con fondos públicos e intensificar os programas para o uso dos centros educativos más alá do horario escolar
Outeiro de Rei, 14 de xullo de 2023. O cabeza de lista do PP ao Congreso pola provincia de Lugo, Francisco Conde, asegurou que “o Partido Popular da man de Alberto Núñez Feijóo quere levar o modelo galego da gratuidade da educación de 0 a 3 anos a toda España”. Durante unha visita á escola infantil de Outeiro de Rei, acompañado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e o alcalde, José Pardo Lombao, tamén explicou que, “cando as administracións escoitan e atenden as necesidades das familias, a sociedade mellora, evoluciona e vive mellor”.
“Galicia ten demostrado que a natalidade, a conciliación laboral e persoal, e un sistema educativo de calidade son tres dos piares fundamentais do Estado de Benestar”, sinalou. E remarcou que “Galicia foi pioneira cun goberno do Partido Popular da man de Feijóo e que agora ten continuidade co presidente Rueda”.
Para os populares, “ter fillos non pode ser un luxo”, e para iso comprométense a fomentar a natalidade, protexer a maternidade e apoiar a conciliación; ademais de promover a universalización da educación de 0 a 3 anos en toda España.
“A educación universal e gratuíta na primeira fase da vida contribúe á loita contra as desigualdades”, apuntou.
O programa electoral do PP tamén recolle a necesidade de dotar de novas prazas financiadas con fondos públicos e intensificar os programas para o uso dos centros educativos más alá do horario escolar.
EDUCACIÓN: ASCENSOR SOCIAL E MOTOR PARA O CRECEMENTO
Conde defendeu que a educación é “o mellor ascensor social e o principal motor para o crecemento dun país”. “Sempre defenderemos un sistema educativo estable que garanta a formación dos mozos e mozas en continua adaptación á realidade do mercado laboral”, engadiu.
O Partido Popular márcase como obxectivos para esta etapa reducir a taxa de abandono escolar temperá, potenciar a Formación Profesional, con especial atención á FP Dual. e garantir un verdadeiro sistema nacional de becas e axudas ao estudo.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



