Os populares defenden dar a esta comisión a máxima difusión a través de distintas canles de comunicación para garantir que a veciñanza teña coñecemento desta ferramenta; así coma da existencia do modelo normalizado para a presentación de avisos, queixas e suxestións ante a Deputación de Lugo
Luns 24 de xullo de 2023. Os veciños da provincia teñen dereito a reivindicar os seus dereitos e realizar queixas ante calquera administración e a Deputación de Lugo non é unha excepción, motivo polo que o Grupo Provincial Popular defenderá no pleno do mércores que se constitúa e convoque, no prazo dun mes, a comisión especial de queixas, suxestións e reclamacións, atendendo ao establecido no artigo 74 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo.
No Grupo Provincial Popular defendemos que “todos os cidadáns temos dereitos ante a Administración pública, sendo un deles o dereito a presentar suxestións, queixas ou reclamacións en relación co funcionamento dos servizos públicos e os órganos e unidades da Administración” polo que tendo en conta a necesidade de garantir a defensa dos dereitos dos veciños, a lei establece un órgano no ámbito organizativo das Administracións Locais: a Comisión especial de Suxestións e Reclamacións, que debe ser creada polo Pleno.
Os deputados populares entenden que esta comisión ten que estar formada por representantes de todos os grupos políticos que integran o pleno na mesma proporción que as comisións informativas, tendo esta comisión a potestade de supervisar a actividade da Deputación.
Entre as súas funcións desta comisión deberían estar, polo menos a recepción das queixas, reclamacións ou suxestións formuladas pola veciñanza; dar conta ao Pleno a través dun informe ou memoria anual dun resumo de actuacións e suxerir medidas para evitar a acumulación de queixas; analizar as causas que motivan esa acumulación; e supervisar a actividade da Administración provincial.
Unha vez constituída e convocada sería preciso elaborar e aprobar un regulamento para recoller o funcionamento desta comisión, establecendo unha periodicidade bimensual para as súas reunións, incidindo na necesidade de que nela teñan representación todos os grupos políticos da corporación na mesma proporción que as comisións informativas.
Por último, e en aras a garantir a máxima transparencia por parte da Deputación, os populares defenden que se lle dea a esta comisión a máxima difusión a través de distintas canles para garantir que os veciños e veciñas da provincia teñan coñecemento desta ferramenta; así coma da existencia do modelo normalizado para a presentación de avisos, queixas e suxestións ante a Deputación de Lugo.






















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



