Ribadeo, 22 de agosto, 2023. O BNG de Ribadeo quere chamar a atención de todas as veciñas e veciños de Ribadeo para que diferencien entre apelar á vontade e á boa intención que di ter o actual goberno municipal de Ribadeo, e abrir os ollos e ver como están os colectores do lixo e os camiños e pistas das parroquias. Claro que están a facer algo! O caso é ver se é suficiente, sobre todo para o nivel de gasto que están a ter. Ou cren vostedes que os remanentes van durar toda a vida?.
Din que “gobernar non consiste en estar constantemente mirando cara a atrás e proclamar aos catro ventos que o facemos mellor porque lle poñemos moi boa vontade. Gobernar non consiste en apelar a que, como gañaron as eleccións, o que se di vai á misa, e o que di a oposición non serve para nada. Por certo, o refrán di: -non hai peor cego que o que non quere ver-. E semella que ao goberno municipal do PP lle parece que vai conseguir que non vexamos, nin ulamos, os colectores ao longo destes días de verán. (Que cada veciño e veciña, cando pase á beira dun colector, se fixe se é a hora da recollida ou xa vai boa que pasou o camión do lixo.) Ou que a xente nas parroquias vexa como chegado o día da festa, non desbrozaron na súa parroquia. (Por certo señor, Vega, e a vostede que lle parecía: que por cortar unha vez a maleza xa non volvía a medrar?!)”.
Hai quen comeza a estar preocupado polo feito de que a auga escasea, e a súa actividade profesional (labrega, gandeira ou industrial) se poida ver prexudicada, pero non entende que se siga a baldear a eito. Non hai racionalización do baldeado das rúas, tan só aparencia de que se fai moito. Resulta curioso que Daniel Vega pida esforzos á poboación contendo o gasto da auga e a súa concelleira, Elena Sierra, insista en que se vai seguir baldeando coa mesma intensidade que até agora. Que xulgue a xente se nalgunhas ocasións parece que non era imprescindíbel baldear pero noutras beirarrúas, como en Rosalía de Castro ou na Avenida de Galiza, facía boa falta e non se nota para nada.
“O goberno municipal do PP segue envolto no seu bucle de reafirmarse na súa vitoria electoral e pensar que por iso xa ten toda a razón do mundo. E cre que vai poder dilapidar todos os remanentes ao chou. En anteriores mandatos facíase un uso racional deles. Pero agora dá a impresión de que se está a acabar cos aforros (froito da boa xestión) nunha festa constante de gasto irracional. Levamos dous plenos nos que xa se botou man de case 600.000€ de remanentes. Só dous plenos do señor Vega xa levaron por diante case tanto como o goberno anterior en seis meses. E o que é peor, o destino de ditos remanentes non se ve que xere efectos positivos na nosa calidade de vida, nin na competitividade da nosa economía local. Certa sensación de fartura e de presumir de camiseta nova, si. Pero éche unha sensación ben fugaz!”, rematan.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



