Burela, 18 de agosto de 2023. O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, destacou hoxe que a Xunta de Galicia, a través do programa MOVES III, leva concedido máis de 19,4M€ en axudas para incentivar a compra de vehículos eléctricos e a instalación de puntos de recarga.
Fernández Vila visitou hoxe en Burela o concesionario Apersa, unha das empresas beneficiarias destes apoios que lle facilitaron a instalación de dous puntos de recarga no seu establecemento. En concreto, para un investimento de 14.000 €, a empresa contou cunha axuda de 4.200 €, aínda que o director xeral destacou que as intensidades de axuda para a instalación destes puntos de recarga por parte de autónomos, particulares ou comunidades de propietarios son superiores e varían entre o 70 e o 80% da custe subvencionable.
Desde que se abriu a convocatoria do MOVES III en 2021, son xa máis de 5.700 as solicitudes recibidas, das cales a Administración autonómica leva resolto máis dun 77%, 4.423, cun investimento total mobilizado que ascende a case 129M€. En concreto, un 25%, 1.102 desas solicitudes, foron para a implantación de infraestruturas de recarga e, as restantes, para a adquisición de vehículos.
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais lembrou que o obxectivo deste programa é contribuír a incentivar a demanda ao tempo que se fomenta unha mobilidade eléctrica e sustentable.






















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



