Os populares piden aumentar o ancho da vía -valorando acondicionar cunetas practicables de formigón-, instalar quitamedos nalgún tramo para evitar risco de caída e saídas de vía e colocar sinais de prioridade de paso en zonas coma a ponte
Luns, 29 de agosto de 2023. O Grupo Provincial Popular esixe ao goberno da Deputación de Lugo que preside o socialista José Tomé mellorar a seguridade da vía LU-P-2804, unha estrada que comunica o barrio da Cazolga con Vilanova de Lourenzá e a N-634 e que rexistra un gran volume de tráfico constante por ser empregada tamén por veciños de parroquias lindeiras do municipio de Mondoñedo e por camións que sacan madeira dos montes da zona.
O voceiro, Antonio Ameijide, a vicevoceira, Carmen José López, e o deputado mariñán José María Fernández, achegáronse a coñecer de primeira man as peticións dos veciños xunto aos representantes do Grupo Municipal Popular de Lourenzá e comprometéronse a trasladar ante o bigoberno da Deputación as súas demandas: aumentar o ancho da vía valorando a posibilidade de acondicionar cunetas practicables, instalar quitamedos en zonas coma a marxe do río e colocar de sinais de prioridade de paso na ponte e noutra zona estreita ao pé dunha vivenda.
“Boa parte dos usuarios da vía, como nos contaron os veciños cos que nos reunimos, sufriron algún sinistro polo que están fartos de seguir asumindo riscos a diario” debido á anchura insuficiente da vía que dificulta o cruzamento de dous vehículos -chegando a ser imposible cando se trata dun camión ou do autobús escolar-. A circulación tamén é perigosa nas curvas con escasa visibilidade, na ponte estreita onde non está sinalizada a prioridade de paso e en tramos afectados polas árbores; xa sexa polas pólas que invaden espazo ou pola presenza de verdín que inutiliza parte da calzada porque os condutores o consideran perigoso. A ausencia de arcéns ou espazo practicable á beira da calzada nalgún tramo tamén é perigoso, especialmente, á beira do río onde non hai quitamedos e os vehículos poden caer se se vén obrigados a aproveitar o espazo ao cruzarse con outros.
Ameijide agarda que “o presidente e o bigoberno da Deputación atendan estas peticións co obxectivo de mellorar a seguridade dos veciños da Cazolga. A institución provincial non pode ser allea aos problemas dos veciños da provincia; senón que debe poñer os medios para facilitar a súa vida diaria; ademais de contribuír ao desenvolvemento das actividades económicas como é a extracción de madeira -xa que o forestal é o principal sector da zona- en condicións de seguridade”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



