O á-pívot de 23 anos xa xogou durante 5 anos no filial deste club, dende o 2014 ata o 2020, habendo pasado tamén polo Vilalba FS na tempada 2020-2021. A xogadora aportará experiencia ao equipo contribuíndo a que o proxecto continúe crecendo.

O á-pívot de 23 anos xa xogou durante 5 anos no filial deste club, dende o 2014 ata o 2020, habendo pasado tamén polo Vilalba FS na tempada 2020-2021. A xogadora aportará experiencia ao equipo contribuíndo a que o proxecto continúe crecendo.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
O ciclo está organizado polo grupo Pico do Castro. Todos os venres deste mes haberá actuación na Casa da Cultura. A segunda, o 12 de setembro, con 'Vaia Idiotas' de Damecuerda Teatro ás 20 horas.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital