A Festa da Filloa de Muimenta, en Cospeito, resultou recoñecida nos premios á excelencia turística do Consello Provincial de Turismo, segundo acordou este órgano presidido pola Deputación nunha sesión extraordinaria celebrada este martes no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos. A Festa da Filloa celébrase dende 1992 na localidade chairega cada primeiro de maio, e conta coa declaración como Festa de Interese Turístico Galego. A institución provincial achega 7.000€ a esta cita turística para contribuír a dinamizar a economía local e da comarca.
A Festa da Filloa de Muimenta, recoñecida nos premios do Consello Provincial de Turismo
A Festa da Filloa de Muimenta, recoñecida nos premios do Consello Provincial de Turismo
Relacionado
-
A Xunta convoca en maio, xuño e xullo aos propietarios dos terreos necesarios para realizar as obras da mellora da capacidade e seguridade da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela