José Tomé Roca forma parte de novo da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares nesta etapa da Federación Española de Municipios e Provincias, que arrancou hoxe cunha asemblea celebrada en Madrid inaugurada pola Ministra portavoz do Goberno en funcións, Isabel Rodríguez
Lugo, 23 de setembro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este sábado no IFEMA, en Madrid, no pleno no que quedou constituída a nova estrutura de goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) despois da celebración das eleccións locais do 28 de maio. Unha xornada baixo o lema O Futuro está no Local que inaugurou a Ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno en funcións, Isabel Rodríguez, xunto ata o hoxe presidente da FEMP e Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida.
O mandatario provincial forma parte de novo da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares nesta nova etapa, na que a FEMP, segundo acordou hoxe nas comisións de traballo, buscará, entre outras liñas de actuación, conferir consistencia e eficacia ao municipalismo cun novo marco de revisión e regulación do sistema de participación nos ingresos do Estado que garanta a suficiencia financeira para o conxunto do sistema local de goberno, isto é, deputacións e concellos.
Acordouse tamén instar a creación dunha reserva específica de fondos europeos para loitar contra o despoboamento, que sería xestionado polas deputacións, cabildos e consells en colaboracións cos concellos afectados. Uns obxectivos polos que o Presidente da Deputación leva traballado no seo da Comisión de Deputacións da FEMP dende o mandato pasado para poder incrementar os recursos e ofrecer máis e mellores servizos aos veciños e veciñas, sobre todo do rural.
Na asemblea de hoxe participou tamén a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a primeira tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada.




















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



