Viveiro, 9 de outubro, 2023. A pasada finde semana dende Prato_DO organizouse en Viveiro a primeira etapa do proxecto Comunidades de Impacto. Prototipo Viveiro. Realizouse este evento xunto con Luis Madrid, creador da metodoloxía comunidades de impacto co obxectivo de identificar os principais retos existentes en Viveiro e atopar solucións benefiiciosas para o territorio.
Os principais protagonistas desta xornada foron o alumnado do Máster Universitario de Enerxías Renovables Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC pois neles recaeu a responsabilidade de contactar cos cidadans de Viveiro e atopar as necesidades que eles notaban en falta na sua cidade.
Despois dunha xornada de entrevistas pola rúa, tratando ámbitos variados como o social, económico e ambiental o alumnado comezou a analizar as respostas obtidas por parte dos viveirenses. Puntos como a mala concetividade co resto de Galicia, falta de relevo xeneracional, perda do comercio local e dificultades co aluguer das vivendas foron as respostas máis atopadas entre a sociedade.
Ante estas evidencias, mediante unhas xornadas de estudo e planficación, os participantes desenvolveron uns proxectos de solución a estes retos, os cales foron presentados este domingo aos distintos actores de representación da cidade nun diálogo diálogo aberto con comunicación entre todos os actores.
Aproveitouse esta oportunidade para agradecer o apoio brindado polos patrocinadores: O Concello de Viveiro, Fundación Roberto Rivas, Campus Terra USC, Rural Citizen e BIKOnsulting e polos organismos participantes, Puerto de Celeiro, Promavi, Lopez Pigueiras, Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, Carlos Nuevo, Aspanane e Casa Chao, cunha mención especial ao alumnado, cuxa participación e implicación foi clave para o desenvolvemento do proxecto.