A peza explica como Isaac Díaz Pardo imprimiu unha persoalidade propia no mobiliario elaborado para o conxunto de Cervo, cadeiras, mesas e outras pezas de uso cotiá
que foron traballadas dun xeito sinxelo, na tradición da carpintería rural galega
A Mariña, 28 de outubro, 2023. A Fundación Arume, que agrupa a toda a cadea monte – industria de Galicia ligada ó piñeiro, vén de elaborar un vídeo para recoñecer e prestixiar o traballo que desenvolveu Isaac Díaz Pardo (1920-2012) no deseño de mobiliario, en especial no creado para as instalacións de Sargadelos en Cervo (Lugo).
O traballo de Díaz Pardo representa un exemplo temperá da importancia do deseño como elemento crave para a segunda transformación da madeira. As pezas que elaborou para Sargadelos, a maioría delas de uso cotiá, como cadeiras e mesas, son coherentes con toda a súa traxectoría artística. En palabras do arquitecto Elías Cueto, Isaac Díaz Pardo dáballe protagonismo ás “formas robutas e de xeometrías fortes”.
Unha das madeiras máis empregadas no mobiliario por Isaac Díaz Pardo foi o piñeiro, xunto co castiñeiro. “O piñeiro é unha madeira sen pretensión de prestixio, que empregou como se usa na carpintería rural, sen artificios, buscando unha sinxeleza atemporal e que resoa nas imaxes da tradición etnográfica galega”, sinala Cueto.
O crítico de arte David Barro, da Fundación Didac, contextualiza o mobiliario creado por Isaac Díaz Pardo no conxunto da súa obra. “Cando Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane impulsaron o Laboratorio de Formas querían enriquecer ó mundo coa nosa diferenza. Eles entenderon que o deseño era fundamental para conseguir o carácter diferencial da nosa cultura, das nosas empresas”, sinala Barro.
“Con Cerámicas do Castro e Sargadelos recuperaron a historia de Galicia para levala ás casas, ó pobo. O deseño de mobiliario hai que entendelo tamén nese contexto. “É un deseño cooperativo, socialista. Cadeiras feitas para os comedores, salóns de actos, para uso de todas as persoas que tiñan relación con Sargadelos, coas fábricas e empresas. O Laboratorio de Formas impulsa unha sorte de Bauhaus galega”, explica David Barro.
Con este vídeo, a Fundación Arume prosegue unha serie de vídeos divulgativos cos que quere transmitir a potencialidade da madeira galega de piñeiro.
Este traballo en vídeo contou coa cofinanciación de XERA, Axencia Galega da Industria Forestal.
Pódese ver o vídeo neste enlace:
Sobre a Fundación Arume
A Fundación Arume, entidade declarada de interese para o desenvolvemento forestal de Galicia, está integrada polo conxunto do sector forestal da comunidade. O seu obxectivo é fomentar o desenvolvemento do piñeiro en Galicia, para o que traballa en catro liñas estratéxicas: silvicultura e restauración ambiental, mellora xenética, formación e por último, marca, co lanzamento da marca de garantía Pino de Galicia.
O padroado da Fundación Arume está composto por representantes de toda a cadea de valor da madeira:
Asociación Monte Industria
Asociación Forestal de Galicia (AFG)
ABANCA
Asociación de Viveros Forestales de Galicia (VIFOGA)
Federación de Aserraderos y Rematantes de Maderas de Galicia (FEARMAGA)
Asociación Sectorial Forestal Gallega (ASEFOGA)
Clúster de la Madera y el Diseño de Galicia
Asociación de la 1º Transformación de la Madera de Lugo (LUGOMADERA)
Asociación de Empresas de Servicios Forestales de Galicia (SERFOGA)























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



