O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se acondicionou unha sala a carón da biblioteca para albergar un destes puntos tecnolóxicos nos que os rapaces traballan competencias en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas
Cervo, 6 de outubro de 2023. A Xunta executou obras no CEIP de Cervo para poñer en marcha un polo creativo, un dos espazos tecnolóxicos que está a impulsar a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co fin de que os rapaces traballen competencias en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado da actuación, na que se optou por instalar este novo recurso no que era a sala de profesores, contigua á biblioteca.
Tamén se reorganizou a zona administrativa para habilitar alí unha nova sala de profesores; e creouse un despacho máis na planta superior. O investimento en todos estes traballos rondou os 11.000 euros.
Arias afirmou que a Xunta impulsa a implantación de polos creativos nos centros educativos para fomentar o uso e aprendizaxe das novas tecnoloxías entre o alumnado. Para iso, contan con equipamento especializado de audiovisual, fotografía, electrónica, robótica, fabricación, construción, téxtil e informática, con kits adaptados aos niveis educativos aos que van dirixidos.
Esta medida enmárcase na folla de ruta da Estratexia galega de educación dixital e do Plan de nova arquitectura pedagóxica, co obxectivo de avanzar cara infraestruturas educativas máis innovadoras e sostibles. No caso do CEIP de Cervo, Arias lembrou que a Xunta acometeu unha rehabilitación integral do centro hai tres anos, cun investimento de case un millón de euros.
















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



