A Mariña, 6 de outubro 2023. Mañá, 7 de outubro, arrinca a cuarta edición do programa de outono de visitas e rutas guiadas en torno á cultura e natureza da Mariña Lucense, A Mariña en ruta, proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro desenvolveranse 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca terá un papel destacado. Será durante as fins de semana e tamén os festivos 12 de outubro e 1 de novembro.
O río Sor e a natureza agochada nos seus meandros no Vicedo serán os protagonistas da xornada de mañá, sábado, que estará guiada por Boris Vilar.
As actividades terán unha duración de 2 a 4 horas e poderán participar un máximo de 25 persoas mais o guía en cada un. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; e 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros. A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase de forma automática a través da web de Turismo de A Mariña Lucense https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta
O vindeiro xoves, 12 de outubro, Sofía López guiará un percorrido por San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos (Barreiros). O 14 de outubro con Boris Vilar os asistentes coñecerán de preto Riotorto, a terra dos ferreiros. O 15 de outubro Carmen Delia Díaz (La Guiateca) e o artesán Daniel Caxigueiro achegarán aos participantes aos Segredos e Lendas de Foz. A Mariña en Ruta seguirá o 21 de outubro por Trabada, o 28 por Cervo e o 29 por A Pontenova.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, anima “a inscribirse para participar nesta atractiva experiencia turística pola nosa comarca. Para a primeira das rutas, que dan comezo mañá, aínda quedan algunhas prazas libres, e para as seguintes están a tempo de anotarse ao longo dos vindeiros días”.
Ana Ermida, vicepresidenta da Mancomunidade
Rocío López asumiu a presidencia da Mancomunidade na xornada de onte. Ana Ermida, a alcaldesa de Barreiros, é a vicepresidenta nesta nova etapa. López explicou que “para a vicepresidencia propuxen a Ana Ermida, a alcaldesa de Barreiros. Estou moi contenta de que aceptase formar parte deste proxecto porque creo que é un exemplo, xa que ao marxe das cores políticas todas e todos podemos traballar na mesma dirección. E estou segura de as dúas aportaremos cousas moi positivas para o conxunto da comarca”.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



